Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Celtia, Xavi, claudia, Sofía e Noa, os expertos de cinco anos;Uxía,Izan, Martiño, Lucas, Alba, Cecilia, Estrella e Sabela Antelo de catro anos e Sabela Carou, Michelle, Mateo, Hugo, Awa , Adama e Lola en tres anos.

miércoles, 29 de abril de 2009

LENDO, LENDO...VOU APRENDENDO!!

Estes son os nosos libros favoritos, coñecédelos?

Estas son as nosas razóns polas que ler un libro

1.Porque leo con papá e mamá

2.Porque é divertido

3.Porque é interesante

4.Porque estou cos maiores

5.Porque aprendo a ler.

&.Porque coñezo as letras

7.Porque coñezo persoaxes divertidos: robots, piratas...

8. Porque durmo mellor.

9.Porque viaxo a países fantásticos

10.Porque me rio.

11.Porque podo soñar.

12. Porque papá durmese conmigo cando remata de ler...

PENSACHES ALGUNHA VEZ CAL É A VOSA?

Podedes engadila na lista.

martes, 21 de abril de 2009

Estos son os debuxos do noso conto viaxeiro.Podedes inventar outra historia.

O NOSO CONTO VIAXEIRO: O Peixe Poeta


Este curso vai de mar!,os nenos/as de infantil decidimos compoñer tres historias diferentes partindo da mesma lámina, "O peixe dourado" de Paul Klee.
Para esto solicitamos axuda das familias.
O noso conto é o do Peixe Poeta, empeza así:

"Según cómo nos conta a lenda no gran acéano vivía un peixe poeta moi amigo dunha sereíña. A sereíña chamábase Grabiela. a cambio de que ela lle ensinara a cantar, él recitaballe lindos poemas.
Un día Sereiña foise de viaxe e o peixe púxose moi triste porque a botaba moito de menos. Fíxolle un poema que decía:
" Os anos van pasando
e xa non me acordo do teu canto,
estou tan triste que o océano tamén se pon.
VOLVE SEREÍÑA, VOLVE MEU CORAZÓN!"....."

Este é o comezo do noso conto ,anímadesvos a continuar a historia coa axuda das imaxes?

domingo, 19 de abril de 2009

En breve 20 razóns polas que ler un libro....e algunha máis!!


Para celebrar o día do libro expoñeremos as nosas razóns polas que debemos ler.

Mirade este texto:

“Ás portas do ceo chegaron un día 5 viaxeiras.
- Quen sodes vos?- preguntou o garda.

- Eu son a Relixión- contestou a primeira.

- Eu son a Xuventude- contestou a segunda.

- Eu son a Comprensión- contestou a terceira.

- Eu son a Intelixencia- contestou a cuarta.

- Eu son a Sabiduría- dixo a última

IDENTIFICÁDEVOS!- ordenou o cancerbeiro.
E entón…
.A Relixión axeonllouse e rezou.
.A Xuventude riu e cantou.
.A Comprensión sentouse e escoitou.
.A Intelixencia analizou e opinou.
.E a SABIDURÍA…
A SABIDURÍA … CONTOU UN CONTO!.
Anthony de Mello

jueves, 16 de abril de 2009

As nosas normas!

Adiviñade que obras de arte representan as normas que pactamos na aula a principio de cada curso:
ESCOITAR, XOGAR XUNTOS, COMPARTIR, NON GRITAR, OBEDECER A PROFE, PEDIR TURNO DE PALABRA,PASALO BEN, TRABALLAR EN EQUIPO, DESCANSAR, TRABALAR, ARRIMAR AS SILLAS A MESA CANDO NOS LEVANTAMOS...
Estas son algunhas das obras que empregamos e que cada nen@ reproduceu para telas sempre moi presentes.
Esperamos que vos sexan útiles!

martes, 14 de abril de 2009

@s pescadores/as da Barquiña

Co gallo do Entroido decidimos disfrazarnos de persoaxes relacionados co mar xa que é un tema traballado no cole este ano.
@s nen@s de infantil fomos @s pesacadores/as.
Mirade que auténtic@s!!

Explosión de paz!!


Para celebrar o Día da Paz os nenos e nenas elixiron uns amiguiños que coñeceron a través dun libro e decidiron enviarlle unha mensaxe de paz xa que estes amigos eran de ben lonxe: Africa, Perú, da India, De Asia....
Unha vez escribiron a mensaxe meteronlla nun globo e sóltamolo no patio para que voase ate os amiguiños.
Tamén nos convertimos en nen@s de paz coa obra de Pablo Picasso "Niño con paloma"

lunes, 13 de abril de 2009

Explosión de paz!!

A PASCUA REMATOU E AGORA ......TOCA SEGUIR TRABALLANDO


A Pascua rematou e os pekenekes van seguir traballando!
Este trimestre continuamos coa ciencia e coas
Historias dos nosos calcetíns!!!

jueves, 9 de abril de 2009

Con P de Papá!!

Para celebrar o día do pai que mellor
que decirlles o que tanto sigifican para @s pekenekes:

"Papá tractor, porque me levas
cómo un bo conductor."

"Papá avión, cando me subes alto
e río un montón."

"Papá amigo, cando paseas conmigo."

"Papá flotador, cando nado contigo...

moito mellor!"

"Papá escondedoiro,

cando me gardas cómo un tesouro."

"Papá arrastre, cando son un pouco traste!"

" Papá colchón, cando salto na túa barriga...

e disfruto mogollón"..




Os nosos primeiros debuxos!!

Unhas das primeiras actividades que
facemos ó chegar o cole é o debuxo
do noso corpo. Mirade que obras!!

Celebramos o Día da Muller (8 de marzo de 2009)

CADA NEN@ FIXO O RETRATO DA SÚA MAMÁ TRABALLADORA,
LOGO FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN NA QUE CADA MAMÁ
TIÑA QUE ADIVIÑAR QUEN ERA.
FOI MOI DIVERTIDO, ADIVIÑARON TODAS!!

miércoles, 8 de abril de 2009

2º PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA 2008


NORABOA A TOD@S NEN@S!! , GRAZAS A ELES CONSEGUIMOS....



@s Pekenekes xa somos tod@s uns expertos en
expresar e sentir emocións.
O ano pasado pasámolo xenial "Xogando Coas emocións"

(título do traballo premiado).

Invitamos @s nos@s papás e tamén os demais compañeir@s

do cole. Foi moi divertido!!

Se queredes ver o traballo podedes facelo dende o seguinte enlace:



http://centros.edu.xunta.es/contidos/premios/p2008/innova/a1/2_emocions.zip

PUBLICACIÓNS MEDRANDO SANS!!




Grazas a tod@s nen@s da aula por participar nas experiencias publicadas nos libros Medrando Sans: "Historietas dunha alimentación emocionante" e "Emocionámonos na escola".
Poden ver as publicacións nosseguintes enlaces:

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/Experiencias.pdf


http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/Sentimentos.pdf

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.