Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

domingo, 21 de noviembre de 2010

PARAUGAS CREATIVOS

<
Os nenos e nenas de educación infantil os mércores realizan diferentes talleres: ciencia, novas tecnoloxías, cociña e arte. Para isto facemos catro grupos mixtos con nenos e nenas, en cada un, de tres, catro e cinco anos.

No taller de arte estamos traballando cos paraugas, creando paraugas creativos.

Estas son algunhas das nosas obras de arte e a poesía que compuxeron da chuvia.







POLO SAN MARTIÑO TROMPOS Ó CAMIÑO!

Os nenos e nenas de 6º e a súa profe veñen a nosa aula a ensinarnos a bailar o trompo, foi moi divertido!!

É un pouco díficil de que baile pero o que si conseguimos foi unha composición moi creativa.

Grazas compis por deixarnos aprender con vos!!

A nosa composición:






Algunhas fotos do momento:





Ó MAGOSTO COS 5 SENTIDOS!!

Aqui vos deixamos algunhas fotiños da celebración do Magosto para que vexades que ben o pasamos!!!
As castañas ?? riquisimassssssssssss!!
Grazas a todas as familias polas castañas e a Tura (o noso conserxe)por darlle o seu toque especial.


miércoles, 17 de noviembre de 2010

A 1º experiencia en bus


Para algúns nenos e nenas foi, ademais do seu 1º Magosto no cole, foi a primeira vez que ian en bus!!Mirade que caras:




Ó MAGOSTO COS CINCO SENTIDOS!!




Despois de moitas dúbidas e grazas o noso profe especilista en meteoroloxia (Santi)pudemos celebrar o magosto na Horta do Muiño. O entorno perfecto para unha celebración deste xeito, a descripción que fixeron do Magosto defíneo perfectamente e non digamos as fotos ...


"El Otoño sabe a castañas, castañas ricas, asadas,algunhas churrascadas.

Huele a humo, a quemadillas, a hojas secas, mojadas...

Se escucha el viento, que no para. Caen las gotas plim, plam,plim.

Mientras vemos muchos colores, amarillo, verde, rojo y violeta...

El Otoño pincha pero es blandito como una camita de Hojas..."

(De la conversación de los niños/as de tres años sobre el Otoño, despues de vivenciarlo con los cinco sentidos).





jueves, 11 de noviembre de 2010

Chega o Magosto....




Por mor do tempo a celebración do Magosto cambiase para o próximo martes día 16 na Horta do Muiño, Serra de Outes. En caso de mal tempo realizaremolo no colexio o mércores 17 .


"Non chas quero, non chas queroooo

castañas do teu magostoooo,

non chas quero, non chas querooo

que me cheiran o chamosco".

POLO SAN MARTIÑO....



Hoxe os pekenekes aprendemos o refrán de San Martiño, experimentamos cos trompos e en breve colgaremos as nosas composicións e historietas deste día.
"POLO SAN MARTIÑO
TROMPOS Ó CAMIÑO".

miércoles, 3 de noviembre de 2010

COMPOSICIÓNS DE OUTONO CO RETROPROXECTOR!!

Para ilustrar a nosa poesía de outono decidimos empregar o retroproxector.
Fixemos diferentes composicións con follas, froitos do outono, coas súas cores...e Impactaronnos os resultados que se reflexaron na nosa pantalla...
Unha experiencia diferente e que repetiremos para outras actividades.
Algunhas fotiños da actividade!!

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.