Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Gavota, gavota que levas no bocho??









Castañas asadas e quen chas asou???
María Qou qou...
pasou polo río e non se mollou.

Contame un conto!!



Ola Familias:
Este venres comezamos co préstamos de libros da biblioteca de aula. Como en cursos anteriores cada venres os pekenekes levarán a casa un conto para que leades xuntos.
Xunto co conto levarán unha ficha rexistro da actividade, un vagón do tren dos contos,nos que serán os nenos/as os que a completen!!

lunes, 7 de noviembre de 2011

HABELAS HAINAS!! E NA NOSA AULA MOITASSSS!!

Felicitarvos familias polo excelente traballo realizado cos pequenos e pequenas, menudas bruxas tan orixinais que elaborachedes!!

Son preciosas!! aqui vos deixo unha presentación pa que vexades o moito que traballades, gracias por colaborar .






O Samaín no colexio






Como non podía ser doutro xeito, este curso na exposición de cabazas, as que máis abundaban imaxinadesvos cales foron non???....AS BRUXAS!!
Aqui vos deixo algunhas fotiños das "bruxas cabazas" asi como da lectura do conto de medo da nosa aula "Bailando por medo".








OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.