Déixovos unha proposta de traballo que podedes ir construíndo pouco a pouco con materiais , miniaturas e obxectos que teñades na casa.
Trátase de poñer as letras do abecedario en botes, tapers, cestiños, nunha caixa multiusos con diferentes caixóns e ir clasificando os obxectos segundo o son da letra pola que comecen na súa caixiña correspondente.
Na aula temos unha e encántalles xogar a clasificar os obxectos , xogar ao veo veo con eles, buscar algún obxecto para aquelas letras máis complicadas, podemos xogar a escribir o nome dos obxectos, a asociar o nome co obxecto correspondente.....
Os Pekenekes, outra vez!!
Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña.
Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes:
María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.
miércoles, 29 de abril de 2020
martes, 28 de abril de 2020
domingo, 26 de abril de 2020
Retos semana 27 ó 30 de abril!!
Luns: Que emoción sentimos ao saír de novo á rúa?
Representamos nunha cara feita con diferentes materiais e empregando a técnica do collage (cartón, recortes de papeis, telas, fios...) a emoción que sentíchedes ao saír paseo : alegría, sorpresa, enfado, medo...Espero as vosas cariñas emocionantes!!
Martes: facemos un tres en raia caseiro
Vamos a precisar tapóns de dúas cores, dous tipos de pasta (macarróns caracois e plumas, pedriñas, chapas.... un folio divido en celdas ou un tableiro.
A xogar!!

Mércores: facemos un avión de papel, xogamos coa respiración poñendo o avión sobre a barriga e vendo como sube e baixa a medida que respiramos, xogamos a soprarlle a ver que lexos vai....
Logo aproveitamos o avión e escribimos unha mensaxe a alguén a quen botemos moito de menos e botámolo a voar para que a mensaxe chegue ao receptor.
Xoves: vamos a intentar facer a torre máis alta do mundo, para iso podemos empregar os obxectos que teñamos na casa libros (como no conto) bloques, rolos de papel hixiénico....e un dado, a medida que tiramos o dado vamos apilando tantos obxectos como o número que saia no dado conseguindo que non nos caia a torre.
Logo comparamos o alta que é a torre con nos mesmos, cunha planta, con mamá ou papá, co nos@ irmá....
Chegou o día!
Chegou o día de ser un pouquiño libres,porque sodes una campións pekenekes!
Desfrutade moito ese paseo....
Desfrutade moito ese paseo....
sábado, 25 de abril de 2020
Mañàn primeiro paseo ...por fin!Prestade atención ao oso goloso.
Mañán por fin poderemos dar o noso primero paseiño ao aire libre despois de tantos días na casa, a verdade é que sodes uns campións peques. Para seguir facendo todo igual de ben, déixovos este vídeo coas recomendacións da familia oso . Desfrutade moito pekenekes!
Clicade no seguinte enlace :
jueves, 23 de abril de 2020
Todo o día na casiña!! Xa queda menos peques.
Déixovos a canción de Magín Blanco para todos os peques que están na casiña polo ben que o están facendo.
Espero que vos guste.
https://www.youtube.com/watch?v=R6YGRPH27Bw
Espero que vos guste.
https://www.youtube.com/watch?v=R6YGRPH27Bw
miércoles, 22 de abril de 2020
Marca páxinas con Anna LLenas
Neste enlace podedes ver un tutorial da escritora Anna LLenas de como facer un marcapáxinas dunha rosa empregando a técnica do collage .
https://www.instagram.com/p/B_PsD2Ijyz7/
Unha rosa para ti!!
Xa é tradición regalar unha rosa no día do libro (23 de abril). Propóñovos que fagades a vosa rosa para regalar neste día seguindo os seguintes pasos: collo papel de períodico ou libro vello e pinto da cor que queira, neste día as rosas suelen ser vermellas, e pinto outro papel de verde para o talo; deixo secar e cando este seco debuxo unha espiral cunha separación de algo máis que 1 cm de ancho entre as liñas, recorto a espiral, pego o primeiro extremo e vou enroscando o resto da espiral sobre él ata enroscala toda e volvo pegar o extremo final para que non se desfaga a rosa.
Logo podo poñer un pincho de borcheta , unha palla....de talo pintandoo de verde ou forrando con papel verde.Espero as vosas rosas!!
Logo podo poñer un pincho de borcheta , unha palla....de talo pintandoo de verde ou forrando con papel verde.Espero as vosas rosas!!
martes, 21 de abril de 2020
Masaxes divertidas!
Para volver a calma podemos xogar con papá, mamá,os irmàns....a Facer masaxes cos dedos como se fosen vermes que se desplazan pola espalda, polos brazos, polos pés....logo que sexa papá ou mamá quen vos fagan as masaxes a vos. Cómo vos sentides despois da masaxe?
Tamén podedes xogar a adiviñar aquelo que debuxedes ou escribades na espalda.
Tamén podedes xogar a adiviñar aquelo que debuxedes ou escribades na espalda.
De oca a oca y tiro porque me toca!!
Os mércores tócanos psicomotricidade, déixovos esta oca psicomotriz por se vos apetece xogar e
pasar un rato divertido.
Se clicades nas imaxes podedes velas máis grande.
lunes, 20 de abril de 2020
Boneco crecepelo.
Estamos en primavera, tempo de sementar e se lle damos un carácter lúdico mellor que mellor!!
Propóñovos que creedes o voso boneco crecepelo e que rexistredes o proceso de creación secuenciando as escenas con fotos ou debuxos así como facer a súa observación e coidado para o seu crecemento; podedes empregar para iso un calendario donde anotedes o día de plantación e canto tempo necesita para xerminar, medrar, botar follas etc...
Pasos para creación do boneco: buscade un vasiño de plástico ou botella transparente e decoradea caracterizando unha cara (ollos, nariz, boca, orellas....), logo podedes enchela de terra ou se non tendes algodón ; a continuación podemos botar sementes de herba e se non tendes podedes plantar fabas, lentellas, garavanzos (varias pezas).....tapade as sementes con terra ou algodón e regade cun pouco de auga.
Podemos sacar fotos ou debuxar o proceso para logo secuenciar as escenas e ir rexistrando nun calendario como vai sendo o proceso ata que por fin o noso boneco teña pelo.
Podedes bautizalo e poñerlle un nome.
Aquí vos deixo un modelo para secuenciar o proceso .

Mostra de curtas de Noia: Cuerdas
Dende o seguinte enlace poderedes visionar diferentes curtas, hoxe proxectaron Cuerdas.
http://www.mostradecurtas.com/
http://www.mostradecurtas.com/
domingo, 19 de abril de 2020
Creamos a nosa historia para celebrar o día do libro (23 de abril).
O próximo xoves 23 de abril celébrase o día do libro, seguindo a idea de Anna Llenas, autora, entre outros ,do conto "El monstruo de colores"; propóñovos que escribades unha pequena historia : primeiro debedes elexir cales van a ser os personaxes da vosa historia destacando o protagonista entre todos os que aparecen (como non podía ser douto xeito aparece o coronavirus, príncipes e princesas ou nenos e nenas, variñas máxicas, cabaliños de pau, sprays, sanitarios ....e ata o monstro de cores, que máis que nunca, ten as súas emocións feitas un lío) logo, seguir as partes esenciais deste tipo de texto principio-nudo e desenlace e deixar voar a imaxinación!!
Seguro que van sair historias fantásticas!!
As historias deberán ter un título e podedes enviarmas ao correo de aula que xa todos sabedes.
Se tedes pinchos na casa para facer brochetas poderedes crear as vosas marionetas cos personaxes que elixades para representar a vosa historia.
Neste enlace que deixo máis abaixo podedes descargar os personaxes que elixades para crear a vosa historia.
http://www.annallenas.com/recursos-creativos/Sant-Jordi-DESCARGABLE-annallenas-catala.pdf

Déixovos algunhas fórmulas que poden axudarvos a inventar a vosa historia:
viernes, 17 de abril de 2020
jueves, 16 de abril de 2020
Unha pizza matemática para este venres!!
Apetécevos elaborar unha pizza matemática, vamos a divertirnos e a crear a nosa pizza según o número de ingredientes que saia no dado ou nas cartas que vos deixo máis abaixo.
Bo proveito a todos!!
Base de pizza e ingredientes (idea extraída do blog Creaina)
Bo proveito a todos!!
Base de pizza e ingredientes (idea extraída do blog Creaina)
miércoles, 15 de abril de 2020
Reto: Crear un pisapapeles de insecto con pasta de sal.
Outro reto : elaborar masa de sal para logo darlle forma do insecto que máis vos guste e convertilo en pisapapeles. Unha vez que seque a masa hai que darlle cor coa técnica que máis vos guste.
Déixovos a receta da pasta de sal (neste caso mellor deixala sen colorante alimenticio para logo colorear a figura que moldeedes) e un exemplo do que pode ser un pisapapeles ben orixinal.
ingredientes pasta de sal: 3 cucharadas de harina
3 cucharadas de sal fina
1 cucharadita de levadura en polvo
9 cucharadas de agua
Mezclamos todos os ingredientes, moldeamos a figura desexada e deixamos secar o aire ou forneamos no microondas durante 30 segundos.15 de abril: Día internacional das artes
Para celebrar este día e aproveitando a temática do último reto, déixovos esta lámina de insectos por se vos apetece decorala empregando diferentes técnicas artísticas : collage (diferentes recortes de papel), acuarela, rotulador....
martes, 14 de abril de 2020
Novo reto: pequenas investigacións!!
Un dos temas que máis desperta a curiosidade dos nenos e nenas son os animais. Vamos aproveitar a estación na que estamos, a primavera, o bo tempo , o soliño, as árbores que comezan a florecer e os insectos a aparecer nos campos e xardíns, para facer pequenas investigacións sobre os diferentes insectos, aquel que máis vos interese ou algún que non coñeciades.
Déixovos algúns libros que vos poden axudar así como diferentes propostas: crear estos bichiños tan curiosos con diferentes materiais que teñades na casa, podedes escribir o seu nome, asociar o nome a imaxe correspondete, facer listados de nomes de insectos que coñezades....
Proposta de creación :
Podedes empregar algunha destas tarxetas

Enlaces interesantes para o momento do conto
Contos contados:
https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA
https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA
Bibliotecas galegas (GALICIALE):
Para poder ler o conto neste enlace hai que facer préstamo bibliotecario virtualmente (seguide as instruccións da páxina)
Biblioteca dixital internacional para nenos (ICDL):
Para ler o conto en liña.
Contos con animación
lunes, 13 de abril de 2020
Poesía: bicos na voz
Falando de bicos...déixovos unha poesía do libro Bicos na VOz de Antonio García Teijeiro.
Ademais de aprendela podedes facer unha pequena investigación sobre este autor (traballando así a tipoloxía textual da biografía) , localizar cantas veces se repite a palabra bico nesta poesía (podedes rodear a palabra bico, destacala cun suliñador...) , ilustrar a poesía....adaptándose sempre aos diferentes niveis evolutivos dos nenos e nenas.

¡Que triste que está a meniña!
porque un bico non lle dan.
Está tremendo na noite,
e a campás que din tan tan.
Unha estrela está a chamala,
ela non a pode oír.
A rapaza tremelica
xa non é quen de sorrir.
¡Que triste que está a rapaza!
Soña bicos de xasmín.
Bicos e bicos e bicos,
bicos que a fagan feliz.
Día internacional do bico!! 13 de abril
Espero os vosos bicos pekes, esos que tanto nos gustan , os de boas noites, ó levantarse, os de chocolate, bicos curativos....todos eles que ricos están!!
Aquí vos deixo o enlace a esta canción do CD Os fíos do querer.
https://www.youtube.com/watch?v=tsckNfc-pEM
Aquí vos deixo o enlace a esta canción do CD Os fíos do querer.
https://www.youtube.com/watch?v=tsckNfc-pEM
domingo, 12 de abril de 2020
Todo vai saír ben!! Queda na casa.
Animádevos a decorar o voso Arco da vella co lema "Todo vai saír ben"
Podedes empregar diferentes técnicas (collage, tiza, témpera, rotulas...), e mandar fotiños para logo facer unha composición coas vosas obras.
Déixovos algunha idea.
Podedes empregar diferentes técnicas (collage, tiza, témpera, rotulas...), e mandar fotiños para logo facer unha composición coas vosas obras.
Déixovos algunha idea.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
OS VOSOS COMENTARIOS
Datos personales
- Vanessa Quintián
- Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.