Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

martes, 26 de noviembre de 2013

Magosto no Souto do Muiño

Un ano máis o tempo deixounos desfrutar da celebración do Magosto nun lugar ideal no que os nenos poden oir, sentir, ulir e saborear o verdadeiro Outono. Como sempre pasámolo xenial e degustamos unhas ricas castañas. Se queredes ver máis fotos podedes facelo na páxina web do cole http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandrecadarso/

lunes, 25 de noviembre de 2013

Preparando os Pelóns para o fin de semana...

O venres quixemos deixar guapos os nosos Pelóns, uns decidimos cortarlles o pelo, outros puxémoslle coletas, pinzas.... Quedaron super guapos e guapas!!

martes, 19 de noviembre de 2013

Os Pelóns

Fai unhas semanas tivemos un agasallo moi bonito por parte da mamá de Simón. Agasallounos cun pelón para cada neno/a da aula. A maioría xa teñen o pelo punky, outros ainda seguen a ser pelóns. Gracias Isabel, estamos moi contentos cos nosos bonequiños.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

"Polo San Martiño, trompos ó camiño".

Como cada luns, aprendemos un refrán novo: "Polo San martiño, trompos ó camiño", escribimos o refrán, decoramos o noso trompo e logo trazamos o "baile" do trompo ó son do poema sinfónico de bizet, juegos de niños. Estes son algún s dos resultados.

martes, 12 de noviembre de 2013

ADIVIÑA A QUE CONTO PERTENCE CADA OBXETO:

A cal dos seguintes contos pertence cada obxeto? O Papón, Ciboa Chibóns, Verlioka, Orellas de Bolboreta, Matrioska, A máscara do león, O lobo sen rabo, Los vestidos de mamá, Nadarín, Tito Malabarista, Papá y yo, Grisela, Os magos das formas... Gracias familias os obxetos quedaron fascinates!!

Arte nas follas do outono

Coma todos os anos os pekenekes quixemos convertir as follas de outono en obxectos e seres diferentes. Este foi o resultado, as produccións moi influenciadas pola visita o acuario que fixemos en fin de curso.

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.