Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

sábado, 20 de febrero de 2016

Receta . "Para ser profesor hoxe..."

Para ser profesor hoxe precisamos os seguintes ingredientes: -Vocación e profesionalidade. -Afecto. -Creatividade, innovación e formación. -Habilidad comunicativa. -Paciencia e respecto. -Plasticidade.

Modo de preparación: Para ser profesor hoxe precisamos toda a vocación que nos colla no bol e mesturala cunha boa dose de profesionalidade. Seguidamente engadimos habilidade comunicativa, 50 kg de paciencia , 25 de respeto para cada un dos nenos e nenas que vaian degustar a receita e plasticidade ao gusto. Salpicamos esta mistura cunha boa dose de raiadura de creatividade, innovación e formación continua ata que a masa se domine ben. Deixamos repousar unas horas e xa esta lista para compartir cos nosos compañeiros e compañeiras de profesión.
Fuentes texto: http://entre-sonrisas.blogspot.com.es
imagen: http://yesicainsu.blogspot.com/2014/07/ser-docente.html

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.