Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

domingo, 14 de junio de 2020

O curso chega ao seu fin!!

Sen darnos conta e inmersos nun mar de emocións, debido a estes últimos meses de curso que nos tocaron vivir, chegamos á última semana de curso....
Foron meses diferentes, de traballo , de incertezas , nos que tivemos que botar man da educación a distancia nas nosas casas e co apoio incondicional das nosas familias....sen dúbida un tempo que quedará para sempre no noso recordo e nas nosas caixiñas de confinamento que fomos enchendo con todos os momentos vividos neste tempo.
Pois ben, nesta última semana de curso vouvos pedir algo sinxelo: unha mensaxe de despedida , de ánimo e de esperanza para poder voltar no mes de setembro con moita forza e ilusión. 
A mensaxe de despedida irá dirixida a todos os compañeiros/as, aos profes e profas....podedes mandar unha foto na que saia o neno/a cunha mensaxe escrita, un pequeno vídeo, un debuxo, podedes facer unha montaxe (disfrazándovos, por exemplo….) como queirades !!
Gustaríame recibir as vosas mensaxes ao longo desta semana para logo poder facer un vídeo con todas e deixalas por aquí para poder vernos durante estes meses de vacacións!!
Animádevos pekes, xa non queda nadiña!!!



domingo, 7 de junio de 2020

Carta de presentación...coa cabeza nas nubes!!

Como cada curso que chega ao seu fin  chega o momento de despedir aos "maiores" da nosa aula  que despois dun verán estarán noutra etapa educativa, a educación primaria .Todos os cursos facíamos uns rituais de despedida visitando as aulas de primeiro, escribíamos aquelas dúbidas e inquedanzas que tiñan os nenos/as e nesta visita a profe e os compañeiros/as ,que xa pasarán por este cambio, tranquilizábannos.
Este curso non pudo ser posible esta visita pero si vamos a presentar a estes pekes á nova profe e os seus compañeiros cunha carta de presentación que vai consistir no seguinte:

Cada día da semana vámosllo a dedicar a un neno/a da nosa aula que pasará a primeiro; cada compañeiro/a fará un retrato del empregando para iso a técnica que queira e que vos deixo aquí recollidas:

     Retratos con  témpera ou acuarela que pintamos despois de debuxar e repasar o seu retrato.
 Empregamos a técnica de facer cabelos tolos, que tanto vos gustou, soplando cunha palliña as gotas de pintura.
        Completar as partes da cara que faremos en cartón sobre una silueta en negro.
 Completar a parte da cara que falte dunha foto dese compañeiro/a, dun debuxo da súa cara....


                         Composición do retrato con pezas soltas que atopedes pola casa.


Empregando recortes de revistas coa técnica do collage.

A parte de facer este retrato compoñeremos con letras móviles, escribindo, compoñendo a palabra con recortes de letras que atopemos nas revistas unha palabra, un adxectivo que DESCRIBA a ese 
neno/a: 
xoguetón/a, simpático/a, alegre, divertido, vergonzoso/a, amoroso/a, ocurrente....(gual que facíamos cando describíamos aos personaxes dos contos que líamos na aula)

Así cada día da semana vamos a dedicarllo a un compañeiro/a :
Luns :María Barreiro
Martes: Alba Braña
Mércores: Rubén Cortés
Xoves: Yoel Teira.

Espero os vosos retratos destes compañeiros/as para poder facer o seu libriño de presentación.

E xa como actividade de remate de semana vamos  levar a cabeza ás
nubes e imaxinar   que vedes nelas.
Déixovos un vídeo sobre as nubes e unas fotos que podedes empregar para debuxar eso que vedes ou senon fotos que me podedes enviar vos de nubes que vexades e imaxinedes.






CLÍCA NO ENLACE PARA VER O VÍDEO : ¿QUE SON LAS NUBES?

                                     https://www.youtube.com/watch?v=GNxNdlQA_CQ





jueves, 4 de junio de 2020

5 de xuño: Día mundial do Medio Ambiente

Hoxe, 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente; é moi importante concienciar aos nosos pekes dende ben cedo da importancia de coidar o noso planeta. Déixovos esta canción tan pegadiza dos guardiáns do noso planeta e propóñovos a seguinte actividade:

Vamos a darlle un novo uso ao material de refugallo que teñamos nas casas e convertilos así en personaxes divertidos e creativos. Espero esas personaxes.

Canción Los guardianes del planeta. Clica dúas veces no enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=TOT5OSP1N3I

Tamén vos deixo alguna idea para a actividade que vos propoño.

Ánimo pekes xa queda menos!!


domingo, 31 de mayo de 2020

Propostas de xogos que podedes crear para celebrar as xornadas de xogos populares dende a casa!!


Como ben escribía nun post anterior por estas datas todos os anos celebrábamos as Xornadas de Xogos Populares con outros centros da zona.
Estamos en xuño, último mes deste curso tan atípico 2019/2020, mes no que no cole aproveitábamos para pechar traballiños e repasar contidos aprendidos. Como xa imos algo cansos, esta semana propoñémosvos que nos mandedes vídeos e/ou foto xogando a un xogo tradicional cos vosos amigos, irmáns, familia....e que identifiquedes algún xogo na lámina de Brueghel "Juegos de niños" que colguei nun post anterior.
Ben, para axudarvos un pouquiño, déixovos algunas ideas dos xogos que podedes facer nas casas con materiais de refugallo ou en compañía das vosas familias. Pasade uns bos momentos de xogo!!

Xogo da pinza, xogo da silla ou xogo das estatuas.

Xogo de pescar tapóns, xogo de encestar os aros e a Mariola seguindo a serie numérica do 1 ao 10.

Xogo da rá. 

Xogo do tragabolas.

Xogo de dados: con dúas  "hueveras" que teñades na casa vamos a ir compretando con ovos(poden ser bolas de papel de periódico) según o número que nos saia no dado; se somos dous xogadores gañará o primeiro que complete a súa "huevera".

Xogo das chapas:trazamos un circuito e vamos empuxando con toques as chaspas ata conseguir chegar a meta.

Retos superados !!


Inventos xeniais!!

Casiñas para os páxaros.


Brazaletes de diseño !!

Experimentamos coa flotación

Tostas deliciosas!!


viernes, 29 de mayo de 2020

Xornadas de xogos populares!!


Por estas datas estaríase a celebrar, como cada ano, unha xornada de xogos populares que organizan os coles da zona como unha xornada de convivencia e de compartir momentos de xogos con nenos e nenas doutros coles... Os xogos populares son aqueles que se atopan moi vinculados ás actividades do pobo e que ao longo dos anos e das xeracións fóronse transmitindo de pais á fillos. Éstos xogáronse sempre, todas as xeracións antecesoras foron partícipes destes xogos… Son similares entre sí, e os seus nomes poden cambiar dependendo da parte do mundo onde se xoguen ou mesmo se poden xerar variacións nelas a partir do enxeño popular. Cabe destacar que non se realizan coa axuda de xoguetes tecnoloxicamente complexos, senón co propio corpo ou con recursos dispoñibles na natureza (area, piedrecitas, follas, flores, ramas,…) ou obxectos caseiros (cordas, papeis, táboas, fíos, botóns, dedales,…) ou pódense fabricar artesanalmente... Estos xogos traen consigo moitos beneficios como son a mellora das habilidades motrices, a actividade física (evitando un estado sedentario) e a capacidade de razoamento e elaboración de estratexias. O xogo popular transmite o valor polo inmaterial, polo pracer natural de xogar e a educación non consumista; un xogo no que os nenos están en contacto directo, comunícanse, socializan,
Xogos como: 
l     Canicas
l     Buxainas
l     “YoYo”
l     Saltar á corda
l     A  galiña cega
l     O pilla pilla
l     Xogo das cadeiras
l     Xogo das palmas
l     O gato e o rato
l     Carreira de sacos
l     O teléfono roto
l     Hula Hula (xogo do aro virando ao redor da cintutra)
l     Xogo da goma
l     O pano

l      Pedra, papel ou tesoira
l     Carreira de sacos
l     Tres en raia
l     Policías e ladrón
l     A Carretilla
l     1,2,3 zapatito inglés
l     “Vexo Vexo”
l     Zancos
l     Cometa
l     A Rá
l     As chapas, Mariola, bolos.....
En base a isto, propoñémosvos  unha actividade divertida: que fagades un vídeo e/ou foto dos nenos e das nenas xogando a un xogo popular!! o que máis lles guste, lles divirta e lles apeteza! Con todos eles faremos un vídeo molón!!! Así que esperamos que vos animedes e nos enviedes eses vídeos e fotos.
Déixovos unha lámina de Brueghel, "Juegos de niños" na que podedes localizar algún destes xogos populares e que xa forman parte da nosa tradición cultural, podedes rodear na lámina os xogos que vexades, escribir nunha lista os que vaiades identificando....


Tedes ata o 7 de xuño para mandar o vídeo e /ou foto dos nenos/as xogando.
Grazas familias por participar!!!





domingo, 24 de mayo de 2020

Retos do 25 ao 29 de maio!!

Déixovos un resumo dos retos para esta semana:



1. Visionado do conto Pájaro amarillo e idear un invento igual que o protagonista do conto para millorar a nosa vida ou a dos que nos rodean.....deixade voar a imaxinación para pensar nese invento fantástico. Ilustro o meu invento(empregando para iso a técnica que queirades: transformo una foto, collage, debuxo….) e escribo o seu nome igual que no conto que vos deixo o enlace  abaixo para que o visionedes.


https://www.youtube.com/watch?v=VCgVZ9j94EI

2.Con materiais diferentes que teñades na casa (caixas de zapatos, paus, madeiras, rolos de papel de cociña ou hixiénico...)constrúo una Casiña para os páxaros que poñerei na ventá, xardín , balcón a ver se nos visita algún paxariño.

3. Constrúo o meu acuario e comprobo que elementos dos que vou metendo flotan e cales non.
Para facer o acuario vou precisar un recipiente algo fondo con auga: fago un listado dos elementos que quero meter no acuario : follas, paus, pedriñas, animais de plástico que teña na casa e que o seu hábitat sea mariño, tamén podo meter un barquiño de papel (déixovos os pasos para construílo).
Unha vez que teña o listado e os materiais que vou meter no acuario fago hipóteses sobre si flotarán ou non e finalmente comprobo as miñas hipóteses.

Co barco de papel fixarémonos que pasa antes de mollarse e despois, flotará ou non flotará?.

4.Facemos brazaletes e decorámolos con grafismos diferentes. Para isto vamos a necesitar rolos de papel de cociña ou papel hixiénico vacíos, cortámolos e decoramos con rotuladores facendo grafismos diferentes .

5. Facemos tostas creativas creando caras, animaliños... ben para un rico desaiuno ou merenda.
Os ingredientes podedes elixilos según o gusto de cada un e deixar sair o chef que levades dentro.
Bo proveito!!














Retos superados!!

Acróstico palabras en galego

Simetrías

Árbores da familia do cole

Obras de arte abstracto con pintauñas

Portadas de conto personificadas






domingo, 17 de mayo de 2020

Retos da semana do 18 ao 22 de Maio


Onte celebramos o día das letras galegas (17 de Maio), o primeiro reto desta semana consiste en encher o noso bote de palabras galegas pero..... como imos conseguir estas palabras?
Cada neno/a terá que completar o acróstico do seu nome con aquelas palabras en galego que o caractericen, que digan algo del/a, palabras que lle gusten... e que comecen por cada letra do seu nome. 
Déixovos un exemplo co meu nome:

VALENTE
ALOUMIÑO
NÉBOA
ESTRELA                                    
SEREA
APERTA

Espero as vosas palabras para encher o bote.
O seguinte reto consiste en  facer simetrías, para eso podemos empregar diferentes materiais: elementos da natureza ( follas, pedriñas, paus…), pezas de lego ou construccións que teñamos pola casa, regletas....ou tamén poderedes completar a parte que falta nestes debuxos que vos deixo máis abaixo.
Trátase de dividir o plano en dúas partes (poñendo una liña na superficie con cinta aislante, por exemplo, pódenos axudar sobre todo para os máis pequenos) e completar a parte que falta .

Algúns exemplos:

O 15 de maio , venres, celebramos o día das familias, cada un de vos representou a súa familia, sen embargo na aula temos outra pequena familia composta por 16 personiñas e os profes que lle dan clase e  que nos botamos moito de menos. Pois ben vamos a facer a árbore xenealóxica da nosa clase: facemos unha árbore de soporte (empregando os materiais que queirades e deixando voar a vosa imaxinación) e logo escribimos os nomes dos profes que nos dan clase e o nome dos nos@s compañeir@s...podedes facer retratos de cada un/ha ou so poñer o nome….
Como sei que vos encanta convertirvos en pequenos artistas e experimentar con diferentes texturas, técnicas e materiais propóñovos facer a vosa obra de arte empregando pintauñas de diferentes cores que teñades pola casa. 
Para poder facer a nosa obra artística vamos a necesitar un recipiente, se pode ser con forma rectángular na que colla un folio en posición horizontal, enchélo de auga, pintauñas de diferentes cores que botaremos na auga e que poderemos mesturar cun pincho de brocheta ou escarvadentes.Unha vez que teñamos a pintura na agua apoiamos o folio encima intentando que non se molle demasiado, sacámolo e xa teremos a nosa obra abstracta. Déixamos secar ao aire.

O último reto da semana, e dentro do noso proxecto de aula deste curso sobre os contos, vouvos a propoñer que vos metades na portada dun conto, pode ser do voso conto preferido ou simplemente aquel que vos guste moito a súa portada e que me enviedes a vosa foto e a foto da portada do conto que elixades.
Déixovos un exemplo da profe representado a portada dun dos seus contos preferidos.










Retos superados




domingo, 10 de mayo de 2020

Retos para esta semana (11 ao 15 de maio)!!

Mañá, luns 11 de maio entraremos nunha nova fase de desescalada, con moitas ganas pero con moitas dúbidas e algún medo, necesitamos falar moito cos nosos peques e consensuar con eles as normas que deben rexir estas saídas despois de tantos días de confinamento (As normas son un conxunto de ordenacións que regulan a vida cotiá e o comportamento que hai que seguir nun grupo social determinado). Necesitamos, polo tanto, unhas normas claras,, comprensibles e específicas, normas sempre en positivo, debemos explicar o porqué destas normas.
O primeiro reto que vos propoño consiste en aproveitar esta oportunidade de lectoescritura para escribir ao lado de cada debuxo ( e segundo a etapa de lectoescritura na que se atopen os nenos e nenas) a norma que representa e de paso déixovos esta mascarilla para que a decoredes como mellor vos guste e que non a olvidedes cada vez que saiades á rúa. Tamén podedes escribir as normas e ilustralas usando a técnica que queirades (collage, debuxo....).





Vamos a deixar voar a vosa imaxinación; nas casas hai un montón de obxectos que cun pouco de imaxinación e creatividade o podemos convertir en algún animal....déixovos algúns exemplos que poidan axudarvos.
 Imaxinando animais....espero os vosos!! e non olvidedes escribir o seu nome: serpellera, abrenoites....



Outro reto da semana vai ser converternos en detectives de números e buscar números que atopemos pola casa,donde atopamos números?, cal será o seu significado?....quero as vosas fotiños de números.
Estamos nunha estación na que os campos e paisaxes están cheos de flores, verdes, coloridos....seguro que neses paseos vos detedes díante dun dente de león e soprades moi forte mentres pedimos un desexo!!
Pois ben, a parte de buscar esta flor tan curiosa e chamativa nos nosos paseos invítovos a que fagades a vosa a modo de obra de arte e empregando para elo a pegada dos voso dedo índice ou punteando cun bastoncillo de limpar os oídos. 


O día 15 de maio celébrase o día internacional da familia, déixovos este enlace a un fermoso conto, que forma parte da nosa biblioteca de aula, e que se títula Un puñado de botones, é un conto que nos fala da diversidade familiar da nosa sociedade, un mundo de familias: familias monoparentais, familias de tres, familias viaxeiras, familias separadas, familias que veñen e van.....E a vosa familia como a denominades? Debuxade a vosa familia nun folio, podedes empregar , ó igual que no conto botóns para representala ou outro elemento que se vos ocurra.











OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.