Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

domingo, 24 de mayo de 2020

Retos do 25 ao 29 de maio!!

Déixovos un resumo dos retos para esta semana:



1. Visionado do conto Pájaro amarillo e idear un invento igual que o protagonista do conto para millorar a nosa vida ou a dos que nos rodean.....deixade voar a imaxinación para pensar nese invento fantástico. Ilustro o meu invento(empregando para iso a técnica que queirades: transformo una foto, collage, debuxo….) e escribo o seu nome igual que no conto que vos deixo o enlace  abaixo para que o visionedes.


https://www.youtube.com/watch?v=VCgVZ9j94EI

2.Con materiais diferentes que teñades na casa (caixas de zapatos, paus, madeiras, rolos de papel de cociña ou hixiénico...)constrúo una Casiña para os páxaros que poñerei na ventá, xardín , balcón a ver se nos visita algún paxariño.

3. Constrúo o meu acuario e comprobo que elementos dos que vou metendo flotan e cales non.
Para facer o acuario vou precisar un recipiente algo fondo con auga: fago un listado dos elementos que quero meter no acuario : follas, paus, pedriñas, animais de plástico que teña na casa e que o seu hábitat sea mariño, tamén podo meter un barquiño de papel (déixovos os pasos para construílo).
Unha vez que teña o listado e os materiais que vou meter no acuario fago hipóteses sobre si flotarán ou non e finalmente comprobo as miñas hipóteses.

Co barco de papel fixarémonos que pasa antes de mollarse e despois, flotará ou non flotará?.

4.Facemos brazaletes e decorámolos con grafismos diferentes. Para isto vamos a necesitar rolos de papel de cociña ou papel hixiénico vacíos, cortámolos e decoramos con rotuladores facendo grafismos diferentes .

5. Facemos tostas creativas creando caras, animaliños... ben para un rico desaiuno ou merenda.
Os ingredientes podedes elixilos según o gusto de cada un e deixar sair o chef que levades dentro.
Bo proveito!!














Retos superados!!

Acróstico palabras en galego

Simetrías

Árbores da familia do cole

Obras de arte abstracto con pintauñas

Portadas de conto personificadas






domingo, 17 de mayo de 2020

Retos da semana do 18 ao 22 de Maio


Onte celebramos o día das letras galegas (17 de Maio), o primeiro reto desta semana consiste en encher o noso bote de palabras galegas pero..... como imos conseguir estas palabras?
Cada neno/a terá que completar o acróstico do seu nome con aquelas palabras en galego que o caractericen, que digan algo del/a, palabras que lle gusten... e que comecen por cada letra do seu nome. 
Déixovos un exemplo co meu nome:

VALENTE
ALOUMIÑO
NÉBOA
ESTRELA                                    
SEREA
APERTA

Espero as vosas palabras para encher o bote.
O seguinte reto consiste en  facer simetrías, para eso podemos empregar diferentes materiais: elementos da natureza ( follas, pedriñas, paus…), pezas de lego ou construccións que teñamos pola casa, regletas....ou tamén poderedes completar a parte que falta nestes debuxos que vos deixo máis abaixo.
Trátase de dividir o plano en dúas partes (poñendo una liña na superficie con cinta aislante, por exemplo, pódenos axudar sobre todo para os máis pequenos) e completar a parte que falta .

Algúns exemplos:

O 15 de maio , venres, celebramos o día das familias, cada un de vos representou a súa familia, sen embargo na aula temos outra pequena familia composta por 16 personiñas e os profes que lle dan clase e  que nos botamos moito de menos. Pois ben vamos a facer a árbore xenealóxica da nosa clase: facemos unha árbore de soporte (empregando os materiais que queirades e deixando voar a vosa imaxinación) e logo escribimos os nomes dos profes que nos dan clase e o nome dos nos@s compañeir@s...podedes facer retratos de cada un/ha ou so poñer o nome….
Como sei que vos encanta convertirvos en pequenos artistas e experimentar con diferentes texturas, técnicas e materiais propóñovos facer a vosa obra de arte empregando pintauñas de diferentes cores que teñades pola casa. 
Para poder facer a nosa obra artística vamos a necesitar un recipiente, se pode ser con forma rectángular na que colla un folio en posición horizontal, enchélo de auga, pintauñas de diferentes cores que botaremos na auga e que poderemos mesturar cun pincho de brocheta ou escarvadentes.Unha vez que teñamos a pintura na agua apoiamos o folio encima intentando que non se molle demasiado, sacámolo e xa teremos a nosa obra abstracta. Déixamos secar ao aire.

O último reto da semana, e dentro do noso proxecto de aula deste curso sobre os contos, vouvos a propoñer que vos metades na portada dun conto, pode ser do voso conto preferido ou simplemente aquel que vos guste moito a súa portada e que me enviedes a vosa foto e a foto da portada do conto que elixades.
Déixovos un exemplo da profe representado a portada dun dos seus contos preferidos.










Retos superados




domingo, 10 de mayo de 2020

Retos para esta semana (11 ao 15 de maio)!!

Mañá, luns 11 de maio entraremos nunha nova fase de desescalada, con moitas ganas pero con moitas dúbidas e algún medo, necesitamos falar moito cos nosos peques e consensuar con eles as normas que deben rexir estas saídas despois de tantos días de confinamento (As normas son un conxunto de ordenacións que regulan a vida cotiá e o comportamento que hai que seguir nun grupo social determinado). Necesitamos, polo tanto, unhas normas claras,, comprensibles e específicas, normas sempre en positivo, debemos explicar o porqué destas normas.
O primeiro reto que vos propoño consiste en aproveitar esta oportunidade de lectoescritura para escribir ao lado de cada debuxo ( e segundo a etapa de lectoescritura na que se atopen os nenos e nenas) a norma que representa e de paso déixovos esta mascarilla para que a decoredes como mellor vos guste e que non a olvidedes cada vez que saiades á rúa. Tamén podedes escribir as normas e ilustralas usando a técnica que queirades (collage, debuxo....).





Vamos a deixar voar a vosa imaxinación; nas casas hai un montón de obxectos que cun pouco de imaxinación e creatividade o podemos convertir en algún animal....déixovos algúns exemplos que poidan axudarvos.
 Imaxinando animais....espero os vosos!! e non olvidedes escribir o seu nome: serpellera, abrenoites....



Outro reto da semana vai ser converternos en detectives de números e buscar números que atopemos pola casa,donde atopamos números?, cal será o seu significado?....quero as vosas fotiños de números.
Estamos nunha estación na que os campos e paisaxes están cheos de flores, verdes, coloridos....seguro que neses paseos vos detedes díante dun dente de león e soprades moi forte mentres pedimos un desexo!!
Pois ben, a parte de buscar esta flor tan curiosa e chamativa nos nosos paseos invítovos a que fagades a vosa a modo de obra de arte e empregando para elo a pegada dos voso dedo índice ou punteando cun bastoncillo de limpar os oídos. 


O día 15 de maio celébrase o día internacional da familia, déixovos este enlace a un fermoso conto, que forma parte da nosa biblioteca de aula, e que se títula Un puñado de botones, é un conto que nos fala da diversidade familiar da nosa sociedade, un mundo de familias: familias monoparentais, familias de tres, familias viaxeiras, familias separadas, familias que veñen e van.....E a vosa familia como a denominades? Debuxade a vosa familia nun folio, podedes empregar , ó igual que no conto botóns para representala ou outro elemento que se vos ocurra.











sábado, 9 de mayo de 2020

As nosas cámaras de retratar!!

Moi bo traballo peques, encántanme as vosas cámaras para inmortalizar estes momentos , esperemos que irrepetibles!!!



miércoles, 6 de mayo de 2020

Pinta la pinÇa!!

Vanme chegando pinzas super orixinais, xenial peques!!, entre todos superaremos este virus!!





OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.