Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Celtia, Xavi, claudia, Sofía e Noa, os expertos de cinco anos;Uxía,Izan, Martiño, Lucas, Alba, Cecilia, Estrella e Sabela Antelo de catro anos e Sabela Carou, Michelle, Mateo, Hugo, Awa , Adama e Lola en tres anos.

jueves, 7 de abril de 2016

O SOL


AQUI VOS DEIXO A POESÍA DE MANU EL MARÍA QUE TRABALLAMOS NA AULA
O SOL
O SOL CHÁMASE LOURENZO
E É UN SEÑOR MOI FINCHADO
QUE ESTA NO ALTO DO CEO,
TODO O DÍA REBRILLANDO.

VAI VESTIDO DE MARELO,
LEVA CHALEQUE ENCARNADO,
MOI SEGURO DE SÍ MESMO,
A SÚA CALOR NOS VAI DANDO.

O SOL CHÁMASE LOURENZO,
E É UN SEÑOR MOI SEÑALADO,
¡SENON FORA POLO SOL
ESTARÍA O MUNDO XEADO!

SÓ O SOL MANDA NO CEO,
MOI SOLEMNE, MOI BARBADO.
¡AS SÚAS BARBAS SON OS RAIOS,
COS QUE NOS VAI ALUMANDO!


miércoles, 30 de marzo de 2016

Bosques animados do Caurel

A miña achega a Galicia Cativa 2014 é a visita aos bosques animados do Caurel...
Galicia nunca deixas de sorprenderme!!
Podedes ver o enlace na seguinte dirección:

https://www.google.com/maps/d/edit?mid=z74MsQJBg09c.kmosNjwNW8bg
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=z74MsQJBg09c.kmosNjwNW8bg





sábado, 19 de marzo de 2016

Aprender na Cociña

Este é o enlace no que poderedes ver o mapa conceptual explicativo do proxecto de cociña que estamos a levar a cabo na aula durante todo o curso.


Make your own mind maps with Mindomo.

sábado, 5 de marzo de 2016

¡¡Un cole para os teus fillos/as!

Aproveitando que estamos en prazo para a reserva de praza nos centros educativos , aquí vos deixo a miña recomendación.



viernes, 4 de marzo de 2016

VÍDEOPOEMA "O MEU BARCO (MANUEL MARÍA)

Aproveitando que o homenaxeado este ano nas Letras Galegas é Manuel María, gustaríame deixarvos un vídeopoema da súa obra "Soños na Gaiola".

O MEU BARCO on PhotoPeach

sábado, 20 de febrero de 2016

Receta . "Para ser profesor hoxe..."

Para ser profesor hoxe precisamos os seguintes ingredientes: -Vocación e profesionalidade. -Afecto. -Creatividade, innovación e formación. -Habilidad comunicativa. -Paciencia e respecto. -Plasticidade.

Modo de preparación: Para ser profesor hoxe precisamos toda a vocación que nos colla no bol e mesturala cunha boa dose de profesionalidade. Seguidamente engadimos habilidade comunicativa, 50 kg de paciencia , 25 de respeto para cada un dos nenos e nenas que vaian degustar a receita e plasticidade ao gusto. Salpicamos esta mistura cunha boa dose de raiadura de creatividade, innovación e formación continua ata que a masa se domine ben. Deixamos repousar unas horas e xa esta lista para compartir cos nosos compañeiros e compañeiras de profesión.
Fuentes texto: http://entre-sonrisas.blogspot.com.es
imagen: http://yesicainsu.blogspot.com/2014/07/ser-docente.html

martes, 19 de enero de 2016

Buzos da Barquiña

Este é o modelo para o disfraz de buzo que podedes tomar de referencia. Recordade que cada neno ou nena ten que traer dúas botellas de coca-cola, kas... de 2l vacías e lavadas. As botellas teñen que ser iguais. Da casa teñen que vir vestidos de negro: pantalón, camiseta ou xersei negro e traer gafas de buzo. Nos no centro encargarémonos de facer os complementos do disfraz que faltan: aletas, bombonas de oxíseno e cinturón cos pesos para poder mergullarse.
 Disfraz de buzo:

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.