Un dos temas que máis desperta a curiosidade dos nenos e nenas son os animais. Vamos aproveitar a estación na que estamos, a primavera, o bo tempo , o soliño, as árbores que comezan a florecer e os insectos a aparecer nos campos e xardíns, para facer pequenas investigacións sobre os diferentes insectos, aquel que máis vos interese ou algún que non coñeciades.
Déixovos algúns libros que vos poden axudar así como diferentes propostas: crear estos bichiños tan curiosos con diferentes materiais que teñades na casa, podedes escribir o seu nome, asociar o nome a imaxe correspondete, facer listados de nomes de insectos que coñezades....
Proposta de creación :
Podedes empregar algunha destas tarxetas
Os Pekenekes, outra vez!!
Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña.
Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes:
María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.
Mostrando entradas con la etiqueta investigación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta investigación. Mostrar todas las entradas
martes, 14 de abril de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
OS VOSOS COMENTARIOS
Datos personales
- Vanessa Quintián
- Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.







