Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

viernes, 17 de enero de 2014

DE QUE CONTO SAÍN?

As bruxas son un personaxe moi curioso e temido polos nenos e nenas.Ó longo do primeiro trimestre estivemos traballando as bruxas que aparecen nos contos clásicos: no conto de Hansel e Gretel, Rapunzel, Blancanieves, A sereiña e A bela durminte. Unha vez que falamos das características comúns e diferenciadoras destas bruxas, decidimos buscar estas bruxas nas obras de arte de Joan Miró e Pablo Picasso. Saberíades dicir a que conto pertence cada bruxa??

No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.