AQUI VOS DEIXO A POESÍA DE MANU EL MARÍA QUE TRABALLAMOS NA AULA
O SOL
O SOL CHÁMASE LOURENZO
E É UN SEÑOR MOI FINCHADO
QUE ESTA NO ALTO DO CEO,
TODO O DÍA REBRILLANDO.
VAI VESTIDO DE MARELO,
LEVA CHALEQUE ENCARNADO,
MOI SEGURO DE SÍ MESMO,
A SÚA CALOR NOS VAI DANDO.
O SOL CHÁMASE LOURENZO,
E É UN SEÑOR MOI SEÑALADO,
¡SENON FORA POLO SOL
ESTARÍA O MUNDO XEADO!
SÓ O SOL MANDA NO CEO,
MOI SOLEMNE, MOI BARBADO.
¡AS SÚAS BARBAS SON OS RAIOS,
COS QUE NOS VAI ALUMANDO!
Moi agradecida de que publiques cousiñas neste blog inda que se bota de menos que fose un pouquiño mais amiudo. A todos nos gusta ver como o pasan os nosos peques na escola. Bo traballo!!!
ResponderEliminar