
O mércores os pekenekes xunto cos demais compis de infantil tivemos a oportunidade de visitar un castelo de "verdade", o castelo de Vimianzo. Disfrazados de época chegamos a Vimianzo con moita curiosidade polo que podíamos atopar no castelo (bruxas, trasnos, príncipes encantados, dragóns, crocodrilos no foso...) afortunadamente nese castelo xa non quedaba nada máis que a súa estructura e o guía!!
FOi toda unha aventura......deixámosvos algunhas fotos, en breve máis fotos do castelo.



No hay comentarios:
Publicar un comentario