Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Celtia, Xavi, claudia, Sofía e Noa, os expertos de cinco anos;Uxía,Izan, Martiño, Lucas, Alba, Cecilia, Estrella e Sabela Antelo de catro anos e Sabela Carou, Michelle, Mateo, Hugo, Awa , Adama e Lola en tres anos.

jueves, 7 de abril de 2016

O SOL


AQUI VOS DEIXO A POESÍA DE MANU EL MARÍA QUE TRABALLAMOS NA AULA
O SOL
O SOL CHÁMASE LOURENZO
E É UN SEÑOR MOI FINCHADO
QUE ESTA NO ALTO DO CEO,
TODO O DÍA REBRILLANDO.

VAI VESTIDO DE MARELO,
LEVA CHALEQUE ENCARNADO,
MOI SEGURO DE SÍ MESMO,
A SÚA CALOR NOS VAI DANDO.

O SOL CHÁMASE LOURENZO,
E É UN SEÑOR MOI SEÑALADO,
¡SENON FORA POLO SOL
ESTARÍA O MUNDO XEADO!

SÓ O SOL MANDA NO CEO,
MOI SOLEMNE, MOI BARBADO.
¡AS SÚAS BARBAS SON OS RAIOS,
COS QUE NOS VAI ALUMANDO!


1 comentario:

  1. Moi agradecida de que publiques cousiñas neste blog inda que se bota de menos que fose un pouquiño mais amiudo. A todos nos gusta ver como o pasan os nosos peques na escola. Bo traballo!!!

    ResponderEliminar

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.