Este curso non pudo ser posible esta visita pero si vamos a presentar a estes pekes á nova profe e os seus compañeiros cunha carta de presentación que vai consistir no seguinte:
Cada día da semana vámosllo a dedicar a un neno/a da nosa aula que pasará a primeiro; cada compañeiro/a fará un retrato del empregando para iso a técnica que queira e que vos deixo aquí recollidas:
Retratos con témpera ou acuarela que pintamos despois de debuxar e repasar o seu retrato.
Empregamos a técnica de facer cabelos tolos, que tanto vos gustou, soplando cunha palliña as gotas de pintura.
Completar as partes da cara que faremos en cartón sobre una silueta en negro.
Completar a parte da cara que falte dunha foto dese compañeiro/a, dun debuxo da súa cara....
Empregando recortes de revistas coa técnica do collage.
A parte de facer este retrato compoñeremos con letras móviles, escribindo, compoñendo a palabra con recortes de letras que atopemos nas revistas unha palabra, un adxectivo que DESCRIBA a ese
neno/a:
xoguetón/a, simpático/a, alegre, divertido, vergonzoso/a, amoroso/a, ocurrente....(gual que facíamos cando describíamos aos personaxes dos contos que líamos na aula)
Así cada día da semana vamos a dedicarllo a un compañeiro/a :
Luns :María Barreiro
Martes: Alba Braña
Mércores: Rubén Cortés
Xoves: Yoel Teira.
Espero os vosos retratos destes compañeiros/as para poder facer o seu libriño de presentación.
E xa como actividade de remate de semana vamos levar a cabeza ás
nubes e imaxinar que vedes nelas.
Déixovos un vídeo sobre as nubes e unas fotos que podedes empregar para debuxar eso que vedes ou senon fotos que me podedes enviar vos de nubes que vexades e imaxinedes.
CLÍCA NO ENLACE PARA VER O VÍDEO : ¿QUE SON LAS NUBES?
No hay comentarios:
Publicar un comentario