Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

miércoles, 5 de agosto de 2009

1º CONGRESO DE PEQUEN@S CIENTÍFIC@S DE NOIA

Os nosos compis da clase de tres anos do CEIP Felipe de Castro e as súa profes Diana e Alba visitáronnos no noso cole para realizar un pequeno taller de ciencia divertida; fixemos diferentes experimentos explosivos!!
O que máis nos gustou: o volcán!!
Deixámosvos unhas fotiños para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos.

lunes, 18 de mayo de 2009

domingo, 17 de mayo de 2009

As nosas fotos do concerterio!!






Estas son algunhas das fotos que fixemos na nosa saída ó concerterio, cómo podedes ver, houbo un pouco de todo intres de risas, de choros, de sorpresa...

miércoles, 13 de mayo de 2009

Saída ó concerterio a facultade de Maxisterio de Compostela


Hoxe, 13 de maio, @s nen@s do Ceip A: Rodríuez Cadarso presenciamos un concerto na facultade de Maxisterio de Santiago de Compostela.
O concerto foi a cargo dos alumn@s de Educación Musical, os cales nos fixeron pasar un intre moi divertido escoiatando bandas sonoras de películas cómo A guerra das Galaxias, O rei león, Superman...
Tamén dramatizaron contos musicados nos que aparecían personaxes terroríficos cómo Babaiaga, trols, bruxas, trasnos....e moitos máis.
Foi moi divertido e os pequenos/as portáronse cómo verdadeiros/As campións.
Noraboa!!

Deixarei algunhas imaxes da saída e algun dos vídeos. Grazas os alumn@s de Maxisterio por facernos pasar un intre tan divertido.

martes, 5 de mayo de 2009

FORMANDO CON FORMAS:

Pensachedes que se pode facer con catro círculos, tres cadrados e algún triángulo?.
A nós ocurreusenos compoñer obras de arte ás que lle puxemos un título.
Estas son as nosas, seguro que se vos ocurren moitas ideas máis.

Hoxe vai de baile

A veces necesitamos uns momentos de diversión e de descargar enerxía, sobre todo cando vimos duns días de vacacións. Que vos parece a nosa forma de liberarnos? Foi moi divertido.

lunes, 4 de mayo de 2009

ENTREGA DE DIPLOMAS AS NOSAS MAMÁS POR...



-LERNOS CONTOS

-QUERERNOS MOITO

-POR ESTAR CON NÓS

-POR COIDARNOS

-POR ENSINARNOS COUSAS

-POR PASEAR CON NÓS

-POR DARNOS CARIÑO

-POR DARNOS BICOS.....E POR MOITO MÁIS.

Felicidades a todas as mamás!!!!!

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.