Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

viernes, 25 de diciembre de 2009

FELIZ NAVIDAD!!



VEMONOS O DÍA 11 DE XANEIRO!!QUE OS REIS MAGOS OU O DAS BARBAS BRANCAS VOS TRAIAN MOITOS AGASAIOS!!!

martes, 8 de diciembre de 2009

10 de decembro: Día Dos Dereitos dos nenos/as



Estes son algúns dos nosos dereitos:

-Ter unha familia
-Estar felices
-Ter un nome
-Xogar xuntos
-Que nos queiran
-Alimentarse
-Vestirse
-A xogar
-Axudar e colaborar
-Ir ó cole
-Que nos coiden
-Saber moitas cousas
-Ir ó médico
-A Protexernos....

sábado, 21 de noviembre de 2009

Magosto na Horta do Muíño

Deixóvos algunhas fotos da celebración do MAgosto, a ambieación non ten prezo!!

viernes, 20 de noviembre de 2009

O noso cancioneiro tradicional!!

Deixámosvos unha das nosas cancións preferidas e que recuperamos da tradición popular a través da Profe de Danza MErcedes, bailade con Malvela e "Os Paxariños".

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Celebramos o Magosto!!

Mañá xoves, día 19, xa que o tempo nos dou unha tregua, celebraremos o magosto na Horta do muíño da Serra De Outes.
Para ir entrando en ambiente deixovos unha canción das castañas,espero que vos guste!!

martes, 10 de noviembre de 2009

Cadáveres exquisitosssss!

Estes son algúns dos monstros que fixemos na aula. Para elaboralos usamos a técnica do cadáver exquisito ( fixemos trios e cada neno/a, sen ver o que fixera o anterior, compuxo a sua parte do monstro).
Estes monstros formaran parte dun pequeno proxecto de aula.( Pódenvos axudar para a actividade que pedín as familias).Grazas por colaborar.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Ritmos de outono!

Animádesvos a pintar o outono de Vivaldi?
Seguro que sae una paisaxe preciosa!!

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.