Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

martes, 14 de abril de 2020

Enlaces interesantes para o momento do conto

Contos contados:
                https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA


Bibliotecas galegas (GALICIALE):
Para poder ler o conto neste enlace hai que facer préstamo bibliotecario virtualmente (seguide as instruccións da páxina)

Biblioteca dixital internacional para nenos (ICDL): 
Para ler o conto en liña.

  Contos  con animación

lunes, 13 de abril de 2020

Poesía: bicos na voz

Falando de bicos...déixovos unha poesía do libro Bicos na VOz de Antonio García Teijeiro.
Ademais de aprendela podedes facer unha pequena investigación sobre este autor (traballando así a tipoloxía textual da biografía) , localizar cantas veces se repite a palabra bico nesta poesía (podedes rodear a palabra bico, destacala cun suliñador...) , ilustrar a poesía....adaptándose sempre aos diferentes niveis evolutivos dos nenos e nenas.

¡Que triste que está a meniña!
porque un bico non lle dan.
Está tremendo na noite,
e a campás que din tan tan.
Unha estrela está a chamala,
ela non a pode oír.
A rapaza tremelica
xa non é quen de sorrir.
¡Que triste que está a rapaza!
Soña bicos de xasmín.
Bicos e bicos e bicos,
bicos que a fagan feliz.


Día internacional do bico!! 13 de abril

Espero os vosos bicos pekes, esos que tanto nos gustan , os de boas noites, ó levantarse, os de chocolate, bicos curativos....todos eles que ricos están!!
Aquí vos deixo o enlace a esta canción do CD Os fíos do querer.
https://www.youtube.com/watch?v=tsckNfc-pEM

domingo, 12 de abril de 2020

Todo vai saír ben!! Queda na casa.

Animádevos a decorar o voso Arco da vella co lema "Todo vai saír ben"
Podedes empregar diferentes técnicas (collage, tiza, témpera, rotulas...), e mandar fotiños para logo facer unha composición coas vosas obras.
Déixovos algunha idea.


Canción dos bos días do Cd Os Fíos do querer

https://www.youtube.com/watch?v=-odtPK7jaOI

Canción Los meses del año

Aquí vos deixo a canción dos meses do ano que cantamos todas as mañás.

Canción de los días de la semana!!

Esta é a canción dos días da semana:

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.