Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

miércoles, 15 de abril de 2020

Reto: Crear un pisapapeles de insecto con pasta de sal.


Outro  reto : elaborar masa de sal para logo darlle forma do insecto que máis vos guste e convertilo en pisapapeles. Unha vez que seque a masa hai que darlle cor coa técnica que máis vos guste.
Déixovos a receta da pasta de sal (neste caso mellor deixala sen colorante alimenticio para logo colorear a figura que moldeedes) e un exemplo do que pode ser un pisapapeles ben orixinal.

ingredientes pasta de sal: 3 cucharadas de harina
                                          3 cucharadas de sal fina
                                                           1 cucharadita de levadura en polvo
                                       9 cucharadas de agua
                                             Mezclamos todos os ingredientes, moldeamos a figura desexada e                                                         deixamos secar o aire ou forneamos no microondas durante 30                                                               segundos.



15 de abril: Día internacional das artes

Para celebrar este día e aproveitando a temática do último reto, déixovos esta lámina de insectos por se vos apetece decorala empregando diferentes técnicas artísticas : collage (diferentes recortes de papel), acuarela, rotulador....





martes, 14 de abril de 2020

Novo reto: pequenas investigacións!!

Un dos temas que máis desperta a curiosidade dos nenos e nenas son os animais. Vamos aproveitar a estación na que estamos, a primavera, o bo tempo , o soliño, as árbores que  comezan a florecer e os insectos a aparecer nos campos e xardíns,  para facer pequenas investigacións sobre os diferentes insectos, aquel que máis vos interese ou algún que non coñeciades.
Déixovos algúns libros que vos poden axudar así como  diferentes propostas: crear estos bichiños tan curiosos con diferentes materiais que teñades na casa,  podedes escribir o seu nome, asociar o nome a imaxe correspondete, facer listados de nomes de insectos que coñezades....


Proposta de creación :



Podedes empregar algunha destas tarxetas




Enlaces interesantes para o momento do conto

Contos contados:
                https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA


Bibliotecas galegas (GALICIALE):
Para poder ler o conto neste enlace hai que facer préstamo bibliotecario virtualmente (seguide as instruccións da páxina)

Biblioteca dixital internacional para nenos (ICDL): 
Para ler o conto en liña.

  Contos  con animación

lunes, 13 de abril de 2020

Poesía: bicos na voz

Falando de bicos...déixovos unha poesía do libro Bicos na VOz de Antonio García Teijeiro.
Ademais de aprendela podedes facer unha pequena investigación sobre este autor (traballando así a tipoloxía textual da biografía) , localizar cantas veces se repite a palabra bico nesta poesía (podedes rodear a palabra bico, destacala cun suliñador...) , ilustrar a poesía....adaptándose sempre aos diferentes niveis evolutivos dos nenos e nenas.

¡Que triste que está a meniña!
porque un bico non lle dan.
Está tremendo na noite,
e a campás que din tan tan.
Unha estrela está a chamala,
ela non a pode oír.
A rapaza tremelica
xa non é quen de sorrir.
¡Que triste que está a rapaza!
Soña bicos de xasmín.
Bicos e bicos e bicos,
bicos que a fagan feliz.


Día internacional do bico!! 13 de abril

Espero os vosos bicos pekes, esos que tanto nos gustan , os de boas noites, ó levantarse, os de chocolate, bicos curativos....todos eles que ricos están!!
Aquí vos deixo o enlace a esta canción do CD Os fíos do querer.
https://www.youtube.com/watch?v=tsckNfc-pEM

domingo, 12 de abril de 2020

Todo vai saír ben!! Queda na casa.

Animádevos a decorar o voso Arco da vella co lema "Todo vai saír ben"
Podedes empregar diferentes técnicas (collage, tiza, témpera, rotulas...), e mandar fotiños para logo facer unha composición coas vosas obras.
Déixovos algunha idea.


OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.