Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

lunes, 20 de abril de 2020

Mostra de curtas de Noia: Cuerdas

Dende o seguinte enlace poderedes visionar diferentes curtas, hoxe proxectaron Cuerdas.

http://www.mostradecurtas.com/

domingo, 19 de abril de 2020

Creamos a nosa historia para celebrar o día do libro (23 de abril).

O próximo xoves 23 de abril celébrase o día do libro, seguindo a idea de Anna Llenas, autora, entre outros ,do conto "El monstruo de colores"; propóñovos que escribades unha pequena historia : primeiro debedes elexir cales van a ser os personaxes da vosa historia destacando o protagonista entre todos os que aparecen (como non podía ser douto xeito aparece o coronavirus, príncipes e princesas ou nenos e nenas, variñas máxicas, cabaliños de pau, sprays, sanitarios ....e ata o monstro de cores, que máis que nunca, ten as súas emocións feitas un lío) logo, seguir as partes esenciais deste tipo de texto principio-nudo e desenlace e deixar voar a imaxinación!!
Seguro que van sair historias fantásticas!!
  As historias deberán ter un título e podedes enviarmas ao correo de aula que xa todos sabedes.
Se tedes pinchos na casa para facer brochetas poderedes crear as vosas marionetas cos personaxes que elixades para representar a vosa historia.

Neste enlace que deixo máis abaixo podedes descargar os personaxes que elixades para crear a vosa historia.

http://www.annallenas.com/recursos-creativos/Sant-Jordi-DESCARGABLE-annallenas-catala.pdf

Déixovos algunhas fórmulas que poden axudarvos a inventar a vosa historia:



jueves, 16 de abril de 2020

Unha pizza matemática para este venres!!

Apetécevos elaborar unha pizza matemática, vamos a divertirnos e a crear a nosa pizza según o número de ingredientes que saia no dado ou nas cartas que vos deixo máis abaixo.
Bo proveito a todos!!

Base de pizza e ingredientes (idea extraída do blog Creaina)











miércoles, 15 de abril de 2020

Reto: Crear un pisapapeles de insecto con pasta de sal.


Outro  reto : elaborar masa de sal para logo darlle forma do insecto que máis vos guste e convertilo en pisapapeles. Unha vez que seque a masa hai que darlle cor coa técnica que máis vos guste.
Déixovos a receta da pasta de sal (neste caso mellor deixala sen colorante alimenticio para logo colorear a figura que moldeedes) e un exemplo do que pode ser un pisapapeles ben orixinal.

ingredientes pasta de sal: 3 cucharadas de harina
                                          3 cucharadas de sal fina
                                                           1 cucharadita de levadura en polvo
                                       9 cucharadas de agua
                                             Mezclamos todos os ingredientes, moldeamos a figura desexada e                                                         deixamos secar o aire ou forneamos no microondas durante 30                                                               segundos.



15 de abril: Día internacional das artes

Para celebrar este día e aproveitando a temática do último reto, déixovos esta lámina de insectos por se vos apetece decorala empregando diferentes técnicas artísticas : collage (diferentes recortes de papel), acuarela, rotulador....





martes, 14 de abril de 2020

Novo reto: pequenas investigacións!!

Un dos temas que máis desperta a curiosidade dos nenos e nenas son os animais. Vamos aproveitar a estación na que estamos, a primavera, o bo tempo , o soliño, as árbores que  comezan a florecer e os insectos a aparecer nos campos e xardíns,  para facer pequenas investigacións sobre os diferentes insectos, aquel que máis vos interese ou algún que non coñeciades.
Déixovos algúns libros que vos poden axudar así como  diferentes propostas: crear estos bichiños tan curiosos con diferentes materiais que teñades na casa,  podedes escribir o seu nome, asociar o nome a imaxe correspondete, facer listados de nomes de insectos que coñezades....


Proposta de creación :



Podedes empregar algunha destas tarxetas




OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.