Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña.
Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes:
María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.
O próximo xoves 28 de abril, celebraremos no colexio da Barquiña unha xornada de xogos populares a que asitirán nenos/as de educación infantil doutros coles veciños (BErgondo, O Pindo, Esteiro, Cruceiro de Roo).
Estaremos encantados de recibirvos e de poder pasar un intre divertido!!
Coas caixas que nos enviaron ó cole as familias dos nenos e nenas de educación infanil construimos ,por fin, o noso castelo...o profe Santi está a pintalo e en breve faremos a sua inauguración coa actuación de Serafín Fernández!!