Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

domingo, 5 de junio de 2011

Máis cerca do final...!!


Xa estamos en xuño, o curso pasou voando ...e con el tantas historias e contos que puidemos compartir coas familias dos penekenes, grazas a todos/as por colaborar na tarefa da lectura de contos durante todo o curso.
Deixamos esta tarefa ata o próximo curso, pero no olvidedes seguir lendo contos e compartindo historias durante o verán.

As abelliñas de San Miguel...viñan todas cheiñas de mel....









Entre abellas e apicultores!!!



O mércores 1 de xuño realizamos a saida fin de curso ó "Enredo do Abelleiro", alí os pekenekes e demais compañeiros/as de infantil tiveron a oportunidade de mergullarse no curioso mundo das abellas.
Estas son algunhas fotos do momento, poden verse máis detalladas na páxina web do centro.

Plantamos e ulimos diferentes plantas aromáticas, fixemos velas coa cera das abellas, probamola mel e vimos todo o proceso de recollida, extracción, decantación e envasado e por último e o máis divertido....convertirse en apicultores por un intre!!!

jueves, 19 de mayo de 2011

Inauguramos Castelo!!!



Este é o noso castelo, O castelo "Da Barca Pequena" inaugurado por Serafín Marco.
Estas son algunhas fotos que reflexan o gran día!!.

domingo, 1 de mayo de 2011

lunes, 25 de abril de 2011

XORNADA DE XOGOS POPULARES NO COLE!!






O próximo xoves 28 de abril, celebraremos no colexio da Barquiña unha xornada de xogos populares a que asitirán nenos/as de educación infantil doutros coles veciños (BErgondo, O Pindo, Esteiro, Cruceiro de Roo).


Estaremos encantados de recibirvos e de poder pasar un intre divertido!!










sábado, 23 de abril de 2011

O NOSO CASTeLO EN CONSTRUCCIÓN!!


Coas caixas que nos enviaron ó cole as familias dos nenos e nenas de educación infanil construimos ,por fin, o noso castelo...o profe Santi está a pintalo e en breve faremos a sua inauguración coa actuación de Serafín Fernández!!

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.