Onte celebramos o día das letras galegas (17 de Maio), o primeiro reto desta semana consiste en encher o noso bote de palabras galegas pero..... como imos conseguir estas palabras?
Cada neno/a terá que completar o acróstico do seu nome con aquelas palabras en galego que o caractericen, que digan algo del/a, palabras que lle gusten... e que comecen por cada letra do seu nome.
Déixovos un exemplo co meu nome:
VALENTE
ALOUMIÑO
NÉBOA
ESTRELA
APERTA
Espero as vosas palabras para encher o bote.
O seguinte reto consiste en facer simetrías, para eso podemos empregar diferentes materiais: elementos da natureza ( follas, pedriñas, paus…), pezas de lego ou construccións que teñamos pola casa, regletas....ou tamén poderedes completar a parte que falta nestes debuxos que vos deixo máis abaixo.
Trátase de dividir o plano en dúas partes (poñendo una liña na superficie con cinta aislante, por exemplo, pódenos axudar sobre todo para os máis pequenos) e completar a parte que falta .
Algúns exemplos:
O 15 de maio , venres, celebramos o día das familias, cada un de vos representou a súa familia, sen embargo na aula temos outra pequena familia composta por 16 personiñas e os profes que lle dan clase e que nos botamos moito de menos. Pois ben vamos a facer a árbore xenealóxica da nosa clase: facemos unha árbore de soporte (empregando os materiais que queirades e deixando voar a vosa imaxinación) e logo escribimos os nomes dos profes que nos dan clase e o nome dos nos@s compañeir@s...podedes facer retratos de cada un/ha ou so poñer o nome….
Como sei que vos encanta convertirvos en pequenos artistas e experimentar con diferentes texturas, técnicas e materiais propóñovos facer a vosa obra de arte empregando pintauñas de diferentes cores que teñades pola casa.
Para poder facer a nosa obra artística vamos a necesitar un recipiente, se pode ser con forma rectángular na que colla un folio en posición horizontal, enchélo de auga, pintauñas de diferentes cores que botaremos na auga e que poderemos mesturar cun pincho de brocheta ou escarvadentes.Unha vez que teñamos a pintura na agua apoiamos o folio encima intentando que non se molle demasiado, sacámolo e xa teremos a nosa obra abstracta. Déixamos secar ao aire.
O último reto da semana, e dentro do noso proxecto de aula deste curso sobre os contos, vouvos a propoñer que vos metades na portada dun conto, pode ser do voso conto preferido ou simplemente aquel que vos guste moito a súa portada e que me enviedes a vosa foto e a foto da portada do conto que elixades.
Déixovos un exemplo da profe representado a portada dun dos seus contos preferidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario