Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

lunes, 4 de mayo de 2020

Retos do 5 ao 8 de maio!!

Comezamos un novo mes Maio, é tradición celebrar a festa dos maios , como xa dixen nunha das entradas anteriores, celebramos o nacemento das flores e a entrada da primavera. Polo tanto propoñovos como primeiro reto da semana facer o voso maio: con materiais da natureza (flores, ramas, plantas, ramallos, fiunchos, fieitas....e todo o que atopedes no voso paseo diario tedes que facer a vosa composición ; pode ter figura humana, de árbore, de pirámide, pode ser un colar de flores ....o que queirades, deixade voar a vosa imaxinación.


Outro reto vai a consistir en crear o voso patrón con obxectos que teñades na casa (cubertos, pinzas de cores, froita, tapóns, ....) no noso día a día estamos rodeados de patróns como os pasos de cebras, o corpo das cebras, das avispas....todos eles seguen unha serie que se repite.
Invítovos a crear o voso e a enviarme esas fotiños.


Gústavos xogar aos bolos? con materiais que teñades pola casa como botes, vasos de plástico, botellas de auga vaos a crear o noso xogo de bolos: según o queirades complicar os máis pequenos poderán contabilizar cantas botellas tiraron, os demais poden poñer un número nos bolos e iniciarse na suma , sumando os números das botellas que tiraron. Podedes anotar os puntos nunha táboa de dobre entrada , comparando así, co outro xogador rival, quen consegue máis puntos nas tiradas....quen gañara??



Para rematar anímovos a crear a vosa cámara intantánea polaroid para inmortalizar todos os momentos, obxectos importantes... desta época de confinamento.
Para poder facer a nos cámara de fotos vamos a necesitar unha caixiña pequena ue teñades pola casa, cordón, rolos de papel hixiénico para facer o obxetivo, e logo pinturas , cintas de cores para decorala ao voso gusto.
Trátase dunha cámara de fotos máxica donde as fotos(debuxos dos nenos dunha planta, dunha flor, do seu peluche, retratos de mamá, papá, o meu irmán....)se revelan ao momento.

Unha boa oportunidade para debuxar, dende o punto de vista particular, como vemos aos demais, os recunchos da nosa casa, o noso peluche,  a nosa mascota....








No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.