Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

domingo, 24 de mayo de 2020

Retos do 25 ao 29 de maio!!

Déixovos un resumo dos retos para esta semana:



1. Visionado do conto Pájaro amarillo e idear un invento igual que o protagonista do conto para millorar a nosa vida ou a dos que nos rodean.....deixade voar a imaxinación para pensar nese invento fantástico. Ilustro o meu invento(empregando para iso a técnica que queirades: transformo una foto, collage, debuxo….) e escribo o seu nome igual que no conto que vos deixo o enlace  abaixo para que o visionedes.


https://www.youtube.com/watch?v=VCgVZ9j94EI

2.Con materiais diferentes que teñades na casa (caixas de zapatos, paus, madeiras, rolos de papel de cociña ou hixiénico...)constrúo una Casiña para os páxaros que poñerei na ventá, xardín , balcón a ver se nos visita algún paxariño.

3. Constrúo o meu acuario e comprobo que elementos dos que vou metendo flotan e cales non.
Para facer o acuario vou precisar un recipiente algo fondo con auga: fago un listado dos elementos que quero meter no acuario : follas, paus, pedriñas, animais de plástico que teña na casa e que o seu hábitat sea mariño, tamén podo meter un barquiño de papel (déixovos os pasos para construílo).
Unha vez que teña o listado e os materiais que vou meter no acuario fago hipóteses sobre si flotarán ou non e finalmente comprobo as miñas hipóteses.

Co barco de papel fixarémonos que pasa antes de mollarse e despois, flotará ou non flotará?.

4.Facemos brazaletes e decorámolos con grafismos diferentes. Para isto vamos a necesitar rolos de papel de cociña ou papel hixiénico vacíos, cortámolos e decoramos con rotuladores facendo grafismos diferentes .

5. Facemos tostas creativas creando caras, animaliños... ben para un rico desaiuno ou merenda.
Os ingredientes podedes elixilos según o gusto de cada un e deixar sair o chef que levades dentro.
Bo proveito!!














No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.