Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

martes, 21 de abril de 2009

O NOSO CONTO VIAXEIRO: O Peixe Poeta


Este curso vai de mar!,os nenos/as de infantil decidimos compoñer tres historias diferentes partindo da mesma lámina, "O peixe dourado" de Paul Klee.
Para esto solicitamos axuda das familias.
O noso conto é o do Peixe Poeta, empeza así:

"Según cómo nos conta a lenda no gran acéano vivía un peixe poeta moi amigo dunha sereíña. A sereíña chamábase Grabiela. a cambio de que ela lle ensinara a cantar, él recitaballe lindos poemas.
Un día Sereiña foise de viaxe e o peixe púxose moi triste porque a botaba moito de menos. Fíxolle un poema que decía:
" Os anos van pasando
e xa non me acordo do teu canto,
estou tan triste que o océano tamén se pon.
VOLVE SEREÍÑA, VOLVE MEU CORAZÓN!"....."

Este é o comezo do noso conto ,anímadesvos a continuar a historia coa axuda das imaxes?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.