Aquí vos deixo a canción dos meses do ano que cantamos todas as mañás.
Os Pekenekes, outra vez!!
Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña.
Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes:
María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.
domingo, 12 de abril de 2020
jueves, 7 de abril de 2016
O SOL
AQUI VOS DEIXO A POESÍA DE MANU EL MARÍA QUE TRABALLAMOS NA AULA
O SOL
O SOL CHÁMASE LOURENZO
E É UN SEÑOR MOI FINCHADO
QUE ESTA NO ALTO DO CEO,
TODO O DÍA REBRILLANDO.
VAI VESTIDO DE MARELO,
LEVA CHALEQUE ENCARNADO,
MOI SEGURO DE SÍ MESMO,
A SÚA CALOR NOS VAI DANDO.
O SOL CHÁMASE LOURENZO,
E É UN SEÑOR MOI SEÑALADO,
¡SENON FORA POLO SOL
ESTARÍA O MUNDO XEADO!
SÓ O SOL MANDA NO CEO,
MOI SOLEMNE, MOI BARBADO.
¡AS SÚAS BARBAS SON OS RAIOS,
COS QUE NOS VAI ALUMANDO!
miércoles, 30 de marzo de 2016
Bosques animados do Caurel
A miña achega a Galicia Cativa 2014 é a visita aos bosques animados do Caurel...
Galicia nunca deixas de sorprenderme!!
Podedes ver o enlace na seguinte dirección:
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=z74MsQJBg09c.kmosNjwNW8bg
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=z74MsQJBg09c.kmosNjwNW8bg
Galicia nunca deixas de sorprenderme!!
Podedes ver o enlace na seguinte dirección:
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=z74MsQJBg09c.kmosNjwNW8bg
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=z74MsQJBg09c.kmosNjwNW8bg
lunes, 21 de marzo de 2016
sábado, 5 de marzo de 2016
¡¡Un cole para os teus fillos/as!
Aproveitando que estamos en prazo para a reserva de praza nos centros educativos , aquí vos deixo a miña recomendación.
viernes, 4 de marzo de 2016
VÍDEOPOEMA "O MEU BARCO (MANUEL MARÍA)
Aproveitando que o homenaxeado este ano nas Letras Galegas é Manuel María, gustaríame deixarvos un vídeopoema da súa obra "Soños na Gaiola".
O MEU BARCO on PhotoPeach
O MEU BARCO on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
OS VOSOS COMENTARIOS
Datos personales
- Vanessa Quintián
- Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.



