Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

lunes, 13 de abril de 2020

Día internacional do bico!! 13 de abril

Espero os vosos bicos pekes, esos que tanto nos gustan , os de boas noites, ó levantarse, os de chocolate, bicos curativos....todos eles que ricos están!!
Aquí vos deixo o enlace a esta canción do CD Os fíos do querer.
https://www.youtube.com/watch?v=tsckNfc-pEM

domingo, 12 de abril de 2020

Todo vai saír ben!! Queda na casa.

Animádevos a decorar o voso Arco da vella co lema "Todo vai saír ben"
Podedes empregar diferentes técnicas (collage, tiza, témpera, rotulas...), e mandar fotiños para logo facer unha composición coas vosas obras.
Déixovos algunha idea.


Canción dos bos días do Cd Os Fíos do querer

https://www.youtube.com/watch?v=-odtPK7jaOI

Canción Los meses del año

Aquí vos deixo a canción dos meses do ano que cantamos todas as mañás.

Canción de los días de la semana!!

Esta é a canción dos días da semana:

jueves, 7 de abril de 2016

O SOL


AQUI VOS DEIXO A POESÍA DE MANU EL MARÍA QUE TRABALLAMOS NA AULA
O SOL
O SOL CHÁMASE LOURENZO
E É UN SEÑOR MOI FINCHADO
QUE ESTA NO ALTO DO CEO,
TODO O DÍA REBRILLANDO.

VAI VESTIDO DE MARELO,
LEVA CHALEQUE ENCARNADO,
MOI SEGURO DE SÍ MESMO,
A SÚA CALOR NOS VAI DANDO.

O SOL CHÁMASE LOURENZO,
E É UN SEÑOR MOI SEÑALADO,
¡SENON FORA POLO SOL
ESTARÍA O MUNDO XEADO!

SÓ O SOL MANDA NO CEO,
MOI SOLEMNE, MOI BARBADO.
¡AS SÚAS BARBAS SON OS RAIOS,
COS QUE NOS VAI ALUMANDO!


miércoles, 30 de marzo de 2016

Bosques animados do Caurel

A miña achega a Galicia Cativa 2014 é a visita aos bosques animados do Caurel...
Galicia nunca deixas de sorprenderme!!
Podedes ver o enlace na seguinte dirección:

https://www.google.com/maps/d/edit?mid=z74MsQJBg09c.kmosNjwNW8bg
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=z74MsQJBg09c.kmosNjwNW8bg





OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.