Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

sábado, 9 de mayo de 2020

As nosas cámaras de retratar!!

Moi bo traballo peques, encántanme as vosas cámaras para inmortalizar estes momentos , esperemos que irrepetibles!!!



miércoles, 6 de mayo de 2020

Pinta la pinÇa!!

Vanme chegando pinzas super orixinais, xenial peques!!, entre todos superaremos este virus!!





Ahí ven o Maio!!


Déixovos tamén enlace a este precioso poema de Curros Enríquez, clícade no enlace para escoitalo.



lunes, 4 de mayo de 2020

Retos do 5 ao 8 de maio!!

Comezamos un novo mes Maio, é tradición celebrar a festa dos maios , como xa dixen nunha das entradas anteriores, celebramos o nacemento das flores e a entrada da primavera. Polo tanto propoñovos como primeiro reto da semana facer o voso maio: con materiais da natureza (flores, ramas, plantas, ramallos, fiunchos, fieitas....e todo o que atopedes no voso paseo diario tedes que facer a vosa composición ; pode ter figura humana, de árbore, de pirámide, pode ser un colar de flores ....o que queirades, deixade voar a vosa imaxinación.


Outro reto vai a consistir en crear o voso patrón con obxectos que teñades na casa (cubertos, pinzas de cores, froita, tapóns, ....) no noso día a día estamos rodeados de patróns como os pasos de cebras, o corpo das cebras, das avispas....todos eles seguen unha serie que se repite.
Invítovos a crear o voso e a enviarme esas fotiños.


Gústavos xogar aos bolos? con materiais que teñades pola casa como botes, vasos de plástico, botellas de auga vaos a crear o noso xogo de bolos: según o queirades complicar os máis pequenos poderán contabilizar cantas botellas tiraron, os demais poden poñer un número nos bolos e iniciarse na suma , sumando os números das botellas que tiraron. Podedes anotar os puntos nunha táboa de dobre entrada , comparando así, co outro xogador rival, quen consegue máis puntos nas tiradas....quen gañara??



Para rematar anímovos a crear a vosa cámara intantánea polaroid para inmortalizar todos os momentos, obxectos importantes... desta época de confinamento.
Para poder facer a nos cámara de fotos vamos a necesitar unha caixiña pequena ue teñades pola casa, cordón, rolos de papel hixiénico para facer o obxetivo, e logo pinturas , cintas de cores para decorala ao voso gusto.
Trátase dunha cámara de fotos máxica donde as fotos(debuxos dos nenos dunha planta, dunha flor, do seu peluche, retratos de mamá, papá, o meu irmán....)se revelan ao momento.

Unha boa oportunidade para debuxar, dende o punto de vista particular, como vemos aos demais, os recunchos da nosa casa, o noso peluche,  a nosa mascota....








Pinta la pinza!! proposta solidaria


@Pintalapinca é unha asiciación sen ánimo de lucro que con algo tan sinxelo como pintar pinzas, de forma libre e coa técnica que queirades, estaremos contribuíndo e poñendo o noso granciño de area para investigar sobre o COVID-19.
Anímovos a que pintedes  a vosa pinza,ou pinzas e me mandedes a foto para poder unirnos a esta inicativa. Tedes toda esta semana para pintar a vosa. Entre todos venceremos!!!


sábado, 2 de mayo de 2020

2 de maio: día contra o acoso escolar!!

O día 2 de maio celébrase o día contra o acoso escolar, déixovos unha pequena  curtametraxe . Concienciación#educación en valores#respecto#empatía.



Clícade no enlace para o seu visionado.

https://www.youtube.com/watch?v=mcWXvFC45hc


viernes, 1 de mayo de 2020

Benvido Maio!!

En Galicia é tradicion celebrar o primeiro día día do mes de Maio a festa dos maios , honrando así a chegada da primavera e das primeiras flores do ano.
Pois ben, aproveitando esta tradición invítovos a compoñer o nome do mes que comeza hoxe con motivos naturais e florais (foto 1º). Tamén vos deixo dous modelos de calendarios para que poidan cubrir os nenos/as , repasar por encima o número do día no que estamos, sinalar datas importantes do mes.... Espero as vosas fotos co nome do mes.




OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.