Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

viernes, 1 de mayo de 2020

Benvido Maio!!

En Galicia é tradicion celebrar o primeiro día día do mes de Maio a festa dos maios , honrando así a chegada da primavera e das primeiras flores do ano.
Pois ben, aproveitando esta tradición invítovos a compoñer o nome do mes que comeza hoxe con motivos naturais e florais (foto 1º). Tamén vos deixo dous modelos de calendarios para que poidan cubrir os nenos/as , repasar por encima o número do día no que estamos, sinalar datas importantes do mes.... Espero as vosas fotos co nome do mes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.