Os Pekenekes, outra vez!!
Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña.
Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes:
María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.
domingo, 17 de mayo de 2020
domingo, 10 de mayo de 2020
Retos para esta semana (11 ao 15 de maio)!!
Mañá, luns 11 de maio entraremos nunha nova fase de desescalada, con moitas ganas pero con moitas dúbidas e algún medo, necesitamos falar moito cos nosos peques e consensuar con eles as normas que deben rexir estas saídas despois de tantos días de confinamento (As normas son un conxunto de ordenacións que regulan a vida cotiá e o comportamento que hai que seguir nun grupo social determinado). Necesitamos, polo tanto, unhas normas claras,, comprensibles e específicas, normas sempre en positivo, debemos explicar o porqué destas normas.
O primeiro reto que vos propoño consiste en aproveitar esta oportunidade de lectoescritura para escribir ao lado de cada debuxo ( e segundo a etapa de lectoescritura na que se atopen os nenos e nenas) a norma que representa e de paso déixovos esta mascarilla para que a decoredes como mellor vos guste e que non a olvidedes cada vez que saiades á rúa. Tamén podedes escribir as normas e ilustralas usando a técnica que queirades (collage, debuxo....).
O primeiro reto que vos propoño consiste en aproveitar esta oportunidade de lectoescritura para escribir ao lado de cada debuxo ( e segundo a etapa de lectoescritura na que se atopen os nenos e nenas) a norma que representa e de paso déixovos esta mascarilla para que a decoredes como mellor vos guste e que non a olvidedes cada vez que saiades á rúa. Tamén podedes escribir as normas e ilustralas usando a técnica que queirades (collage, debuxo....).
Vamos a deixar voar a vosa imaxinación; nas casas hai un montón de obxectos que cun pouco de imaxinación e creatividade o podemos convertir en algún animal....déixovos algúns exemplos que poidan axudarvos.
Imaxinando animais....espero os vosos!! e non olvidedes escribir o seu nome: serpellera, abrenoites....
Outro reto da semana vai ser converternos en detectives de números e buscar números que atopemos pola casa,donde atopamos números?, cal será o seu significado?....quero as vosas fotiños de números.
Estamos nunha estación na que os campos e paisaxes están cheos de flores, verdes, coloridos....seguro que neses paseos vos detedes díante dun dente de león e soprades moi forte mentres pedimos un desexo!!
Pois ben, a parte de buscar esta flor tan curiosa e chamativa nos nosos paseos invítovos a que fagades a vosa a modo de obra de arte e empregando para elo a pegada dos voso dedo índice ou punteando cun bastoncillo de limpar os oídos.
O día 15 de maio celébrase o día internacional da familia, déixovos este enlace a un fermoso conto, que forma parte da nosa biblioteca de aula, e que se títula Un puñado de botones, é un conto que nos fala da diversidade familiar da nosa sociedade, un mundo de familias: familias monoparentais, familias de tres, familias viaxeiras, familias separadas, familias que veñen e van.....E a vosa familia como a denominades? Debuxade a vosa familia nun folio, podedes empregar , ó igual que no conto botóns para representala ou outro elemento que se vos ocurra.
sábado, 9 de mayo de 2020
As nosas cámaras de retratar!!
Moi bo traballo peques, encántanme as vosas cámaras para inmortalizar estes momentos , esperemos que irrepetibles!!!
miércoles, 6 de mayo de 2020
Ahí ven o Maio!!
Déixovos tamén enlace a este precioso poema de Curros Enríquez, clícade no enlace para escoitalo.
lunes, 4 de mayo de 2020
Retos do 5 ao 8 de maio!!
Comezamos un novo mes Maio, é tradición celebrar a festa dos maios , como xa dixen nunha das entradas anteriores, celebramos o nacemento das flores e a entrada da primavera. Polo tanto propoñovos como primeiro reto da semana facer o voso maio: con materiais da natureza (flores, ramas, plantas, ramallos, fiunchos, fieitas....e todo o que atopedes no voso paseo diario tedes que facer a vosa composición ; pode ter figura humana, de árbore, de pirámide, pode ser un colar de flores ....o que queirades, deixade voar a vosa imaxinación.
Outro reto vai a consistir en crear o voso patrón con obxectos que teñades na casa (cubertos, pinzas de cores, froita, tapóns, ....) no noso día a día estamos rodeados de patróns como os pasos de cebras, o corpo das cebras, das avispas....todos eles seguen unha serie que se repite.
Invítovos a crear o voso e a enviarme esas fotiños.
Gústavos xogar aos bolos? con materiais que teñades pola casa como botes, vasos de plástico, botellas de auga vaos a crear o noso xogo de bolos: según o queirades complicar os máis pequenos poderán contabilizar cantas botellas tiraron, os demais poden poñer un número nos bolos e iniciarse na suma , sumando os números das botellas que tiraron. Podedes anotar os puntos nunha táboa de dobre entrada , comparando así, co outro xogador rival, quen consegue máis puntos nas tiradas....quen gañara??
Para rematar anímovos a crear a vosa cámara intantánea polaroid para inmortalizar todos os momentos, obxectos importantes... desta época de confinamento.
Para poder facer a nos cámara de fotos vamos a necesitar unha caixiña pequena ue teñades pola casa, cordón, rolos de papel hixiénico para facer o obxetivo, e logo pinturas , cintas de cores para decorala ao voso gusto.
Trátase dunha cámara de fotos máxica donde as fotos(debuxos dos nenos dunha planta, dunha flor, do seu peluche, retratos de mamá, papá, o meu irmán....)se revelan ao momento.
Unha boa oportunidade para debuxar, dende o punto de vista particular, como vemos aos demais, os recunchos da nosa casa, o noso peluche, a nosa mascota....
Pinta la pinza!! proposta solidaria
@Pintalapinca é unha asiciación sen ánimo de lucro que con algo tan sinxelo como pintar pinzas, de forma libre e coa técnica que queirades, estaremos contribuíndo e poñendo o noso granciño de area para investigar sobre o COVID-19.
Anímovos a que pintedes a vosa pinza,ou pinzas e me mandedes a foto para poder unirnos a esta inicativa. Tedes toda esta semana para pintar a vosa. Entre todos venceremos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
OS VOSOS COMENTARIOS
Datos personales
- Vanessa Quintián
- Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.






















