Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

domingo, 10 de mayo de 2020

Retos para esta semana (11 ao 15 de maio)!!

Mañá, luns 11 de maio entraremos nunha nova fase de desescalada, con moitas ganas pero con moitas dúbidas e algún medo, necesitamos falar moito cos nosos peques e consensuar con eles as normas que deben rexir estas saídas despois de tantos días de confinamento (As normas son un conxunto de ordenacións que regulan a vida cotiá e o comportamento que hai que seguir nun grupo social determinado). Necesitamos, polo tanto, unhas normas claras,, comprensibles e específicas, normas sempre en positivo, debemos explicar o porqué destas normas.
O primeiro reto que vos propoño consiste en aproveitar esta oportunidade de lectoescritura para escribir ao lado de cada debuxo ( e segundo a etapa de lectoescritura na que se atopen os nenos e nenas) a norma que representa e de paso déixovos esta mascarilla para que a decoredes como mellor vos guste e que non a olvidedes cada vez que saiades á rúa. Tamén podedes escribir as normas e ilustralas usando a técnica que queirades (collage, debuxo....).





Vamos a deixar voar a vosa imaxinación; nas casas hai un montón de obxectos que cun pouco de imaxinación e creatividade o podemos convertir en algún animal....déixovos algúns exemplos que poidan axudarvos.
 Imaxinando animais....espero os vosos!! e non olvidedes escribir o seu nome: serpellera, abrenoites....



Outro reto da semana vai ser converternos en detectives de números e buscar números que atopemos pola casa,donde atopamos números?, cal será o seu significado?....quero as vosas fotiños de números.
Estamos nunha estación na que os campos e paisaxes están cheos de flores, verdes, coloridos....seguro que neses paseos vos detedes díante dun dente de león e soprades moi forte mentres pedimos un desexo!!
Pois ben, a parte de buscar esta flor tan curiosa e chamativa nos nosos paseos invítovos a que fagades a vosa a modo de obra de arte e empregando para elo a pegada dos voso dedo índice ou punteando cun bastoncillo de limpar os oídos. 


O día 15 de maio celébrase o día internacional da familia, déixovos este enlace a un fermoso conto, que forma parte da nosa biblioteca de aula, e que se títula Un puñado de botones, é un conto que nos fala da diversidade familiar da nosa sociedade, un mundo de familias: familias monoparentais, familias de tres, familias viaxeiras, familias separadas, familias que veñen e van.....E a vosa familia como a denominades? Debuxade a vosa familia nun folio, podedes empregar , ó igual que no conto botóns para representala ou outro elemento que se vos ocurra.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.