Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

miércoles, 29 de abril de 2009

LENDO, LENDO...VOU APRENDENDO!!

Estes son os nosos libros favoritos, coñecédelos?

Estas son as nosas razóns polas que ler un libro

1.Porque leo con papá e mamá

2.Porque é divertido

3.Porque é interesante

4.Porque estou cos maiores

5.Porque aprendo a ler.

&.Porque coñezo as letras

7.Porque coñezo persoaxes divertidos: robots, piratas...

8. Porque durmo mellor.

9.Porque viaxo a países fantásticos

10.Porque me rio.

11.Porque podo soñar.

12. Porque papá durmese conmigo cando remata de ler...

PENSACHES ALGUNHA VEZ CAL É A VOSA?

Podedes engadila na lista.

martes, 21 de abril de 2009

Estos son os debuxos do noso conto viaxeiro.Podedes inventar outra historia.

O NOSO CONTO VIAXEIRO: O Peixe Poeta


Este curso vai de mar!,os nenos/as de infantil decidimos compoñer tres historias diferentes partindo da mesma lámina, "O peixe dourado" de Paul Klee.
Para esto solicitamos axuda das familias.
O noso conto é o do Peixe Poeta, empeza así:

"Según cómo nos conta a lenda no gran acéano vivía un peixe poeta moi amigo dunha sereíña. A sereíña chamábase Grabiela. a cambio de que ela lle ensinara a cantar, él recitaballe lindos poemas.
Un día Sereiña foise de viaxe e o peixe púxose moi triste porque a botaba moito de menos. Fíxolle un poema que decía:
" Os anos van pasando
e xa non me acordo do teu canto,
estou tan triste que o océano tamén se pon.
VOLVE SEREÍÑA, VOLVE MEU CORAZÓN!"....."

Este é o comezo do noso conto ,anímadesvos a continuar a historia coa axuda das imaxes?

domingo, 19 de abril de 2009

En breve 20 razóns polas que ler un libro....e algunha máis!!


Para celebrar o día do libro expoñeremos as nosas razóns polas que debemos ler.

Mirade este texto:

“Ás portas do ceo chegaron un día 5 viaxeiras.
- Quen sodes vos?- preguntou o garda.

- Eu son a Relixión- contestou a primeira.

- Eu son a Xuventude- contestou a segunda.

- Eu son a Comprensión- contestou a terceira.

- Eu son a Intelixencia- contestou a cuarta.

- Eu son a Sabiduría- dixo a última

IDENTIFICÁDEVOS!- ordenou o cancerbeiro.
E entón…
.A Relixión axeonllouse e rezou.
.A Xuventude riu e cantou.
.A Comprensión sentouse e escoitou.
.A Intelixencia analizou e opinou.
.E a SABIDURÍA…
A SABIDURÍA … CONTOU UN CONTO!.
Anthony de Mello

jueves, 16 de abril de 2009

As nosas normas!

Adiviñade que obras de arte representan as normas que pactamos na aula a principio de cada curso:
ESCOITAR, XOGAR XUNTOS, COMPARTIR, NON GRITAR, OBEDECER A PROFE, PEDIR TURNO DE PALABRA,PASALO BEN, TRABALLAR EN EQUIPO, DESCANSAR, TRABALAR, ARRIMAR AS SILLAS A MESA CANDO NOS LEVANTAMOS...
Estas son algunhas das obras que empregamos e que cada nen@ reproduceu para telas sempre moi presentes.
Esperamos que vos sexan útiles!

martes, 14 de abril de 2009

@s pescadores/as da Barquiña

Co gallo do Entroido decidimos disfrazarnos de persoaxes relacionados co mar xa que é un tema traballado no cole este ano.
@s nen@s de infantil fomos @s pesacadores/as.
Mirade que auténtic@s!!

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.