Ademais de aprendela podedes facer unha pequena investigación sobre este autor (traballando así a tipoloxía textual da biografía) , localizar cantas veces se repite a palabra bico nesta poesía (podedes rodear a palabra bico, destacala cun suliñador...) , ilustrar a poesía....adaptándose sempre aos diferentes niveis evolutivos dos nenos e nenas.
¡Que triste que está a meniña!
porque un bico non lle dan.
Está tremendo na noite,
e a campás que din tan tan.
Unha estrela está a chamala,
ela non a pode oír.
A rapaza tremelica
xa non é quen de sorrir.
¡Que triste que está a rapaza!
Soña bicos de xasmín.
Bicos e bicos e bicos,
bicos que a fagan feliz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario