Estamos en primavera, tempo de sementar e se lle damos un carácter lúdico mellor que mellor!!
Propóñovos que creedes o voso boneco crecepelo e que rexistredes o proceso de creación secuenciando as escenas con fotos ou debuxos así como facer a súa observación e coidado para o seu crecemento; podedes empregar para iso un calendario donde anotedes o día de plantación e canto tempo necesita para xerminar, medrar, botar follas etc...
Pasos para creación do boneco: buscade un vasiño de plástico ou botella transparente e decoradea caracterizando unha cara (ollos, nariz, boca, orellas....), logo podedes enchela de terra ou se non tendes algodón ; a continuación podemos botar sementes de herba e se non tendes podedes plantar fabas, lentellas, garavanzos (varias pezas).....tapade as sementes con terra ou algodón e regade cun pouco de auga.
Podemos sacar fotos ou debuxar o proceso para logo secuenciar as escenas e ir rexistrando nun calendario como vai sendo o proceso ata que por fin o noso boneco teña pelo.
Podedes bautizalo e poñerlle un nome.
Aquí vos deixo un modelo para secuenciar o proceso .
Os Pekenekes, outra vez!!
Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña.
Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes:
María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.
lunes, 20 de abril de 2020
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
OS VOSOS COMENTARIOS
Datos personales
- Vanessa Quintián
- Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario