O próximo xoves
23 de abril celébrase o
día do libro, seguindo a idea de Anna Llenas, autora, entre outros ,do conto "El monstruo de colores";
propóñovos que escribades unha pequena historia : primeiro debedes elexir cales van a ser os personaxes da vosa historia destacando o protagonista entre todos os que aparecen (como non podía ser douto xeito aparece o coronavirus, príncipes e princesas ou nenos e nenas, variñas máxicas, cabaliños de pau, sprays, sanitarios ....e ata o monstro de cores, que máis que nunca, ten as súas emocións feitas un lío) logo, seguir as partes esenciais deste tipo de texto principio-nudo e desenlace e deixar voar a imaxinación!!
Seguro que van sair historias fantásticas!!
As historias deberán ter un título e podedes enviarmas ao correo de aula que xa todos sabedes.
Se tedes pinchos na casa para facer brochetas
poderedes crear as vosas marionetas cos personaxes que elixades para representar a vosa historia.
Neste enlace que deixo máis abaixo podedes descargar os personaxes que elixades para crear a vosa historia.
http://www.annallenas.com/recursos-creativos/Sant-Jordi-DESCARGABLE-annallenas-catala.pdf
Déixovos algunhas fórmulas que poden axudarvos a inventar a vosa historia:
No hay comentarios:
Publicar un comentario