Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

miércoles, 29 de abril de 2020

A caixa dos sons!!

Déixovos unha proposta de traballo que podedes ir construíndo pouco a pouco con materiais , miniaturas e obxectos que teñades na casa.
Trátase de poñer as letras do abecedario en botes, tapers, cestiños, nunha caixa multiusos con diferentes caixóns e ir clasificando os obxectos segundo o son da letra pola que comecen na súa caixiña correspondente. 
Na aula temos unha e encántalles xogar a clasificar os obxectos , xogar ao veo veo con eles, buscar algún obxecto para aquelas letras máis complicadas, podemos xogar a escribir o nome dos obxectos, a asociar o nome co obxecto correspondente.....




No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.