Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

miércoles, 22 de abril de 2020

Unha rosa para ti!!

Xa é tradición regalar unha rosa no día do libro (23 de abril). Propóñovos que fagades a vosa rosa para regalar neste día seguindo os seguintes pasos: collo papel de períodico ou libro vello e pinto da cor que queira, neste día as rosas suelen ser vermellas, e pinto outro papel de verde para o talo; deixo secar e cando este seco debuxo unha espiral cunha separación de algo máis que 1 cm de ancho entre as liñas, recorto a espiral, pego o primeiro extremo e vou enroscando o resto da espiral sobre él ata enroscala toda e volvo pegar o extremo final para que non se desfaga a rosa.
Logo podo poñer un pincho de borcheta , unha palla....de talo pintandoo de verde ou forrando con papel verde.Espero as vosas rosas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.