Representamos nunha cara feita con diferentes materiais e empregando a técnica do collage (cartón, recortes de papeis, telas, fios...) a emoción que sentíchedes ao saír paseo : alegría, sorpresa, enfado, medo...Espero as vosas cariñas emocionantes!!
Martes: facemos un tres en raia caseiro
Vamos a precisar tapóns de dúas cores, dous tipos de pasta (macarróns caracois e plumas, pedriñas, chapas.... un folio divido en celdas ou un tableiro.
A xogar!!
Mércores: facemos un avión de papel, xogamos coa respiración poñendo o avión sobre a barriga e vendo como sube e baixa a medida que respiramos, xogamos a soprarlle a ver que lexos vai....
Logo aproveitamos o avión e escribimos unha mensaxe a alguén a quen botemos moito de menos e botámolo a voar para que a mensaxe chegue ao receptor.
Xoves: vamos a intentar facer a torre máis alta do mundo, para iso podemos empregar os obxectos que teñamos na casa libros (como no conto) bloques, rolos de papel hixiénico....e un dado, a medida que tiramos o dado vamos apilando tantos obxectos como o número que saia no dado conseguindo que non nos caia a torre.
Logo comparamos o alta que é a torre con nos mesmos, cunha planta, con mamá ou papá, co nos@ irmá....
No hay comentarios:
Publicar un comentario