Os Pekenekes, outra vez!!

Xa estamos aquí de novo, os novos pekenekes e a súa historia no cole de A Barquiña. Debido a situación actual na que nos atopamos dende a declaración de Estado de alarma o 14 de marzo de 2020 retomei o blog de aula, como outro recurso de apoio aos que xa estamos empregando ,para continuar levando a cabo, vía telemática, o proceso ensino aprendizaxe destes pekes: María, Rubén, Alba e Yoel en cinco anos; Lara, Manu, Naia, Julia, Noé, Smahan e Jorge en catro anos e as novas incorporacións Leo, Edu, Emma, Carla e Martín en tres anos.

martes, 14 de abril de 2020

Novo reto: pequenas investigacións!!

Un dos temas que máis desperta a curiosidade dos nenos e nenas son os animais. Vamos aproveitar a estación na que estamos, a primavera, o bo tempo , o soliño, as árbores que  comezan a florecer e os insectos a aparecer nos campos e xardíns,  para facer pequenas investigacións sobre os diferentes insectos, aquel que máis vos interese ou algún que non coñeciades.
Déixovos algúns libros que vos poden axudar así como  diferentes propostas: crear estos bichiños tan curiosos con diferentes materiais que teñades na casa,  podedes escribir o seu nome, asociar o nome a imaxe correspondete, facer listados de nomes de insectos que coñezades....


Proposta de creación :



Podedes empregar algunha destas tarxetas




No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS

De onde nos visitan?

Datos personales

Mi foto
Mestra de Educación Infantil no CEIP A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, Noia.